(02.11.2020)
En Adercou levamos a cabo un proxecto contra a violencia de xénero, para traballar nos colexios rurais, enmarcados dentro do convenio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Nun acto que se celebrou o pasado venres, que contou coa presenza de membros da xunta directiva de Adercou e representantes de Educación, presentouse un vídeo titulado "O deporte non ten xénero", no que participaron compoñentes do equipo de fútbol feminino EFF Rosalía , onde xogadoras e nais contan a súa experiencia dos seus inicios neste deporte.
Moitas grazas a tod@s os nen@s e o equipo Rosalía, que contaron cos parabéns de tod@s os membros da mesa.
Compartimos a proxección e murais de traballo que realizaron os alumnos baixo o título "No patio do meu cole metémoslle un gol á violencia de xénero"
(07.09.2020)
O pasado venres, celebramos celebramos Xunta Directiva, onde se deron conta dos proxectos que se levarán a cabo este ano, a través do programa Leader.
Tamén sendo previsores e sensibilizados por a situación dos nenos coa volta o cole, repartíronse 3400 mascarillas entre os 17 concellos integrantes desta Asociación de Desenvolvemento Rural.
Medios
GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal
