"A gastronomía galega fai Camino" nova iniciativa de desenvolvemento turístico

(21.09.2019)


A aldea de Sarreaus, Couso Galán,   restaurada como complexo hostaleiro, situado na Vía da Prata, foi o escenario elixido para dar comenzo  á iniciativa "A gastronomía galega fai Camiño", que se desenvolve dentro do programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Xunta de Galicia, cuxa xestión vai da man dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR).

Este proxecto que arranca, ten coma propósitos a elaboración dunha guía gastronómica con productos locais e de tempada para difusión entre os peregrinos, dala a coñecer nos demais camiños e difundila na páxina do Xacobeo 21.

Bibiana Conde (Asociación GDR) deu inicio á xornada coa benvida a tódolos presentes, entre os que estaban o presidente do GDR10 Limia Arnoia e representantes dos outros GDR de Galicia. A xornada continuou  cunha visita ao complexo hostaleiro Couso Rural para finalmente proceder á degustación de pratos elaborados polo  chef do seu restaurante. 

 
   

   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal