AERCOU impulsa o acceso ás novas tecnoloxías


(16.10.2019)
A empresa ITEGAL mantivo un encontro no Concello de Cartelle, cos alcaldes deste municipio, Gomesende, A Merca e Ramirás, para presentar o proxecto subvencionado polo Plan Leader, xestionado por Adercou, para poñer en valor as novas tecnoloxías nestes territorios rurais.

Dito proxecto trátase de coñecer as realidades de acceso a internet do estado, a peculiaridade da súa orografía, o que fai pouco atractivo o investimento en infraestruturas para os grandes operadores, pero son actuacións necesarias para poñer en valor o rural e dar servizo á poboación. Este proxecto permitirá a dispoñibilidade de servizos de banda ancha para dar ás colectividades locais unha importante gama de servizos como a administración pública electrónica, educación, desenvolvemento rural, lecer e saúde e medicina. 
Todos estes aspectos fan que a implantación de banda ancha ultrarrápida en zonas rurais sexa moi importante para que dispoñan dos mesmos servizos e comunicacións que as establecidas nas zonas urbanas.

   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal