Convenio de colaboración para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo entre a Universidade de Vigo e Adercou


(02.09.2021)

Hoxe, procedeuse á posta en marcha e sinatura dun convenio entre a Universidade de Vigo-Campus de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, para levar a cabo proxectos de aprendizaxe


A aprendizaxe-servizo é unha metodoloxía activa que consiste en que o alumnado aprende facendo un servizo á comunidade. 

Na Facultade de Ciencias de Ourense, os alumnos dos últimos cursos do Grao de Enxeñería Agraria e alumnos do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental poderán participar no Proxecto de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) “CONSERVANDO km 0” no marco da convocatoria de proxectos innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo da Universidade de Vigo convocada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

As profesoras Inmaculada Franco (Área de Tecnoloxía dos Alimentos), Elena Falqué (Área de Química Analítica) e Concepción Pérez Lamela (Área de Nutrición e Bromatoloxía) durante o próximo curso académico buscan a participación activa do alumnado neste Proxecto ApS, o que permitiría a adquisición de competencias básicas e transversais.

Dende Adercou, e sempre conscientes da importancia de establecer sinerxías cos axentes cos que conta o territorio que comprende ADERCOU, que en total son 17 Concellos limítrofes da cidade de Ourense, estamos ledos de formar parte deste proxecto, que fortalece o noso compromiso co noso rural. Trátase de un convenio coa Universidade de Vigo, campus de Ourense, para o desenvolvemento do PROXECTO DE APRENDIZAXE E SERVIZO: CONSERVANDO km 0, que se executará de xaneiro de 2022 a xuño de 2022.

Dito proxecto ten por obxectivo achegaros alumnos á realidade dos nosos pobos, permitíndolle por un lado adquirir a capacidade dun aprendizaxe autónomo con xestión de información, así como traballar en equipo dunha forma multidisciplinar onde estarán en contacto con asociacións, xente do rural que está a traballar con produtos agroalimentarios de autoconsumo e, ademais, poderán aportar solucións, ideas, innovación á hora da composición, calidade e conservación de froitas e verduras dende a perspectiva sanitaria e nutricional.

É un proxecto enriquecedor onde o feedback é real, xa que o estudantado coñecerá o que se está a vivir nos nosos pobos co abandono do campo e as dificultades do relevo xeracional e, por outra parte, estes/as universitarios/as aportarán coñecemento e capacidade social para, dunha forma práctica, impartir charlas de como se poden ter produtos de proximidade e, aplicando diferentes formas de conservación e consumilos durante todo o ano.

Apostamos porque os nosos mozos e mozas formados/as aposten por aportar un grao ao noso rural, a única forma de darlle vida e continuidade e que eles se involucren e queiran poñer a súa ilusión e bo facer en sacar adiante proxectos que revitalicen o agro. Tamén traballamos por mostrar esta situación á administración e poder chegar a eliminar esas trabas que dificultan tanto que as nosas terras e produtos recuperen o seu esplendor.
Os Concellos do rural integrantes de ADEROU solicitarán o seu interese en participar nestes talleres que porán de forma práctica as diferentes maneiras de conservar os produtos, como elaboración de conservas, conxelación, etc.



Prensa:


   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal