Visita da Conselleira de Medio Rural

Adercou no 2017 rexistrou 62 solictudes de proxectos procedentes dos 17 concellos integrantes deste GDR11.

Tanta iniciativa empresarial demostran que o territorio esta vivo, que conta con iniciativas que apostan polo rural e que permiten crear emprego.


Dada a escasa contía coa que conta este GDR, só púidose subvencionar un total de 17 iniciativas (produtivas e non produtivas). Enlace al PDF.



O día 2 de maio de 2018 a Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez, o Director Xeral de Agader Miguel Dubois, o Presidente de Adercou Manuel Seoane e alcaldes dos diferentes concellos vistaron algunhas das obras subvencionadas neste primeiro ano.

Enlace á noticia publicada na web da Consellería de Medio Rural.

Enlace á noticia da TVG.



Visitas :

MADERAS RUBÉN : ofrecen unha ampla gama de produtos en madeira e aluminio, ademais de solucións adecuadas e necesarias para cada proxecto. En concreto salientamos a súa creatividade en todos os departamentos da empresa.

Traballan cos clientes desde a idea inicial do proxecto ata velo realizado satisfactoriamente. A fluidez no diálogo e conseguir a mesma meta que os seus clientes marcan o obxectivo principal desta empresa .

Caracterízanse polo apoio ao desenvolvemento sostible na industria da madeira. Presentando aspectos tanxibles neste obxectivo como o triple bottom, a ecoeficiencia, ou a implantación de certos sistemas de xestión ambiental, …).

 


 MINIRESIDENCIA O LECER DOS AVOIÑOS: reforma de edificación existente para mini residencia de persoas maiores, ofertan 22 prazas de atención íntegra a persoas dependentes e válidas. Dispón de servizo de manutención, hixiene, lavandería, terapia ocupacional, actividade física adaptada coa posibilidade de que teñan acceso a servizos como rehabilitación, podoloxía, perruqueria, etc.

Crearanse un mínimo de 3,5 postos de traballo, e a medida que se cubran as prazas irán en aumento atendendo os ratios esixidos.

Dado que no núcleo onde se ubica dita construción non conta con ningunha residencia e a súa proximidade a Ourense cidade, sobre 15 minutos, faino moi axeitado para coller a ampla demanda que hai na capital da provincia.

 

ÁREA DE LECER ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PARADELA: adecuación dun espazo de lecer para os veciños, contará cunha zona de xogos para os cativos, dunha zona de biosaludables par maiores de 12 anos e tamén mobiliario para desfrute de toda a poboación.

 

CASA-CENTRO DE EMERXENCIA SOCIAL PARA COLECTIVOS DESFAVORECIDOS NA PEROXA: Rehabilitación dunha antiga vivenda que permite ter un lugar de acollida para a xente que por causas sobrevidas (incendios, non habitabilidade, etc.) non teñan un lugar de aloxamento mentres se procede a arranxar a súa situación. Así se consegue que continúen cunha boa calidade de vida.

 

ZONA DE LAVANDERÍA E FITOSANITARIO EN ADEGA NA PEROXA: actuación que aporta un complemento necesario para a boa marcha da adega, sendo un valor engadido na calidade do produto elaborado.

A actuación non se trata dunha actividade produtiva, pero repercute directamente no aumento do prezo do viñedo ao tratar o produto cos máximos estándares de calidade que marca a normativa.


MELLORAS TECNOLÓXICAS EN INDUSTRIA DE FABRICACIÓN DE PAN Y BOLLERÍA - PANALÉN: a inversión centrouse en equipamento de maquinaria que permita dotar á empresa de condicións óptimas para a elaboración de pan e doces, conservando métodos tradicionais aos que se lle engade a tecnoloxía de última xeración.

   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal