Reunión do Presidente de ADERCOU e promotores subvencionados para a anualidade 2018-2019 dentro do programa LEADER

Os proxectos subvencionados supoñen unha inversión na Comarca de Ourense de 1.727.756,85 € e a creación e mantenemento de 25 postos de traballo.




  

A Asociación Adercou, GDR11, é o Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense que está a traballar para procurar a posta en marcha de proxectos no rural e potenciar a creación de postos de traballo. Para lograr estos fins conta co Programa Leader Galicia, que este ano ten un orzamento de 694.340,33 €, o que permitirá subvencionar a empresas de nova creación que queiran levar a cabo o seu proxecto, e as xa existentes que desexen mellorar as súas instalacións e maquinaria. A través destes fondos europeos quérese conseguir que o rural non perda poboación e servizos.Dado que a 31 de marzo finalizou o prazo para proceder a admisión de solicitudes que forman parte da primeira proposta anual de proxectos, reuniuse a xunta directiva presidida por Manuel Seoane Rodríguez, tamén alcalde do Concello da Peroxa, na súa sede situada no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) de Barbadás, para dar conta de todos os proxectos que a data de hoxe contan con informe favorable de Agader e con subvención neste ano 2018. Hoxe ten lugar a reunión dos empresarios aos que se lles concedeu a dita subvención e que a percibirán  en decembro deste mesmo ano.

Os proxectos encaixan en dúas liñas, primeiro os proxectos non produtivos (presentados por entidades públicas e asociacións), que son proxectos que sirven para poñer en valor o rural e ofrecer mellor calidade de vida e servizos públicos.

E segundo os proxectos produtivos, iniciativas privadas que apostan por crear, modernizar ou ampliar empresas no rural, todo elo conleva a creación de emprego.
O importe para proxectos na anualidade 2018-2019 é de 543.216,66 euros para os proxectos produtivos e de 151.124,67 euros para os non produtivos.
A data de hoxe os proxectos presentados para solicitar subvencións na sede de Adercou para este período Leader foron 105, incluíndo o ano 2017. Destes recibirán subvención no presente ano os seguientes:

  1. Proxectos non produtivos:
  • instalación de banda ancha na Mancomunidade de Sta. Agueda que percibirá un importe de 81.689,64 €.
  • Centro de Intervención Educativa e Psicoterapéutica, situado  en Coles, que percibirá un importe total de 69.434,03 €.
  1. Proxectos produtivos:
  • Proxecto para rehabilitación de vivienda comunitaria en Paderne de Allariz,  que percibirá unha subvención de 200.000 €.
  • Ampliación de Clínica Dental, situada en Nogueira de Ramuín, e que percibirá una subvención de 26.188,70 €.
  • Creación Grupo Industrial Valiant 2017, situado en Pereiro de Aguiar, que percibirá unha subvención de 200.000 €.
  • Transformación e elaboración de viños en Lagares, que percibirá unha subvención de 29.993,55 €.
  • Eco-centro benestar, situado no Concello de Pereiro de Aguiar, que contará con 20.590,00 €.
  • Clínica Oral Parck Dental, empresa situada no Concello de San Cibrao das Viñas, que percibirá un total de 66.444,41 €.

Estes proxectos subvencionados supoñen unha inversión no territorio de Adercou, Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, de 1.727.756,85 €, a maiores permiten a creación e mantenemento dun total de 25 postos de traballo.

Dada a alta demanda de proxectos aprobouse unha lista de garda para proxectos que non conten con financiamento este ano pero si poidan contar cos novos orzamentos do ano que ven.


Para máis información poden chamar a Adercou, GDR11, situado no Edificio CET, Lugar O Pontón, 25, no Concello de Barbadás. Tel. 988 360 173 / 619 835 743.
   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal