(29.06.2022)


O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns seminarios de elaboración de xabóns e deterxentes, en cada un dos concellos do rural que forman parte do noso ámbito de actuación: A Merca, A Peroxa, Amoeiro, Barbadás, Coles, Cartelle, Esgos, Gomesende, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo.
A actividade consiste na elaboración de produtos de limpeza naturais (xabóns e deterxentes), utilizando como materia prima entre outros, aceites de refugallo, flora ornamental, plantas con propiedades medicinais da zona, poñendo en valor tanto a sustentabilidade como a natureza da contorna.
Cada obradoiro terá unha duración de 4 horas, de 16:00 a 20:00 h, desenvolvéndose segundo o seguinte calendario:
Para asistir aos seminarios é preciso inscribirse no concello de referencia. Establécese un máximo de 15 persoas por obradoiro.
(22.06.2022)
Xornada de intercambio de experiencias entre dous GDR, Asdecomor e Adercou.
Representantes do Gdr ASDECOMOR, o alcalde de Ordes, o concelleiro de Oroso e o xerente da asociación, achegáronse ao noso territorio para realizar traballos de campo e poder coñecer in situ dúas accións desenvolvidas na nosa área e financiadas polo programa #Leader.
A primeira visita foi á casa comunitaria Paderne de Allariz, onde unha reforma de 5 vivendas nunha zona rural pon en valor un servizo coidadoso e de calidade para os nosos maiores.
A segunda, foi a reunión de traballo cos alcaldes de Pereiro de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, que están a executar o proxecto de creación e implantación dun servizo de cartografía (WMS) para a xeolocalización de edificacións e parcelas co obxectivo de facilitar a dotación de servizos aos seus veciños. Un proxecto que é necesario para poder actualizar a numeración de forma coordinada e organizada co catastro. E que ademais, segundo recoñecen os alcaldes e os quen o coñece, ten múltiples posibilidades de servizos á poboación.







GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal
