Noticias
Hoxe o Director Xeral de Planificación enerxética e minas, D. Pablo Fernández Vila reuniuse hoxe en Ourense co Presidente de Adercou, D. Manuel Seoane e os alcaldes ou representantes dos concellos integrantes neste proxecto posto en marcha por ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural dá Comarca de Ourense GDR 11) para presentar a adxudicación do novo contrato marco para prestar o servizo de electricidade para os concellos da provincia. Esta iniciativa contou co apoio do INEGA.
A UTE formada por Sapiens Enerxía e Simples Enerxía resultou adxudicataria da licitación lanzada por ADERCOU para implantar o uso de enerxías renovables nos concellos de Ourense sen necesidade de investimento por parte das administracións locais.
A finalidade deste proxecto de comunidade enerxética é reducir os custos enerxéticos a través da contratación agregada de enerxía e a minimización das emisións de CO2 en municipios da provincia de Ourense. Para iso, os municipios contratantes ceden o uso destas instalacións á devandita empresa de servizos enerxéticos, que deberá realizar as seguintes prestacións:
· Xestión enerxética: consistente na xestión e operación das instalacións solares de autoconsumo e sistemas de xeración térmica de máxima eficiencia a través de aerotermia (bombas de calor).
· Subministración eléctrica: subministrar enerxía eléctrica para os puntos de subministración de titularidade municipal.
· Constitución e/o xestión de comunidades enerxéticas nos municipios obxecto do contrato marco.
Na primeira fase, que xa está en marcha, incorporáronse 10 entidades públicas de Ourense. O obxectivo para os próximos meses é que sigan adheríndose outros consistorios para ampliar o alcance desta proposta de xeración e uso de enerxía limpa, que provén directamente dunha empresa produtora de enerxía renovable, a través dun contrato bilateral (ou PPA).
Cun importe máximo de 40 millóns de euros o contrato ten unha duración de 2 anos, coa posibilidade de amplialo a 7 anos. Desta maneira os consistorios poden ter estabilidade xurídica para os contratos de subministración de enerxía.
Tanto o presidente de Adercou como o Director Xeral destacan a importancia desta proposta á hora de “facilitar aos concellos do rural a redución dos custos enerxéticos a través do uso de enerxías renovables, cos beneficios económicos e ambientais que supón ampliar o alcance da enerxía limpa ás administracións públicas.
- Proxecto de planificación enerxética de concellos ou agrupacións de concellos
- (22.11.2023) DOUE
- Modelo de PCA + PCT + Anexos
- A Merca,
- A Peroxa,
- Amoeiro,
- Barbadás,
- Coles,
- Cartelle,
- Esgos,
- Paderne de Allariz,
- Pereiro de Aguiar,
- Ramirás,
- San Cibrao das Viñas,
- Toén,
- Nogueira de Ramuín,
- Xunqueira de Espadanedo.
Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR340A
- unha Guía de Roteiros de Sendeirismo, polos alumnos de Turismo do CIFP A Farixa , e
- un Manual de Elaboración de Xabóns, por parte dos alumnos do IES Vilamarín
Alumnos do Grao de Enxeñería Agrónoma acompañados da súa profesora, Elena Falqué e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez. | |
- Asociación Deloa
- Gdr Costadamorte
- Gdr Ulla Tambre Mandeo
- GDR Ribeira Sacra - Courel
- GDR Terras de Pontevedra Norte
- GDR Salnés-Ulla-Umia
- Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea
- Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou
- APRODERVI
A Fundación Juana de Vega convoca o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.
No día de hoxe déronse, día do primeiro seminario dos catro que se van realizar, participaron máis de 40 persoas interesadas en formarse e apostar por unha alimentación e produción que vaia encamiñada a produtos ecolòxicos. Formación que ben seguro repercute en produtos máis sans e mellores para a saúde e o medio ambiente.
O docente, hoxe, deu a coñecer a importancia do manexo do solo e o xeito de axudalo a controlar certos desordes e deficiencias de nutrientes, pragas e enfermidades.
Esta iniciativa subvencionada por Adercou a través do programa LEADER continuará a finais de marzo con segundo seminario que se centrará en difundir os coñecementos precisos para o control de pragas e enfermidades.
Inauguración de vivendas sociais para maiores en Paderne de Allariz subvencionadas por GDR11 Adercou
- RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao amparo da medida Leader ( submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (código de procedemento MR701D)
- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao amparo da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
- O Conselleiro de Medio Rural, cos presidentes dos GDR e xerentes dos 24 grupos. -
Tanta iniciativa empresarial demostran que o territorio esta vivo, que conta con iniciativas que apostan polo rural e que permiten crear emprego.
Dada a escasa contía coa que conta este GDR, só púidose subvencionar un total de 17 iniciativas (produtivas e non produtivas). Enlace al PDF.
O día 2 de maio de 2018 a Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez, o Director Xeral de Agader Miguel Dubois, o Presidente de Adercou Manuel Seoane e alcaldes dos diferentes concellos vistaron algunhas das obras subvencionadas neste primeiro ano.
Enlace á noticia publicada na web da Consellería de Medio Rural.
Enlace á noticia da TVG.
O pasado día 14 de marzo, na sede do GDR Terras de Compostela, tivo lugar a asamblea da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Adercou, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, que xestiona fondos europeos no período 2014-2020, reuníuse este venres, 29 de setembro, ás 13 horas na súa sede no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) no Concello de Barbadás, o seu presidente don Manuel Seoane cos promotores que solicitaron axuda Leader e recibiron resolución de concesión para este primeiro ano.
O día 14 de xuño de 2017 estivo na sede do GDR11 ADERCOU coñecendo os proxectos que se levan tramitado ata o de ágora e o funcionamento do GDR11 desde a súa posta en marcha.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou hoxe aos representantes da Asociación de Desenvolvemento Rural ADERCOU sobre os novos contratos de transporte, que garantirán a continuidade de todos os servizos actuais e os reforzarán na maioría dos casos
- Vázquez Mourelle salienta que este novo plan tamén beneficiará ás empresas de transporte, xa que incrementará nun 35% os quilómetros que percorrerán os autobuses, ao pasar dos 1,3 millóns anuais aos 1,8 millóns.
- Indica que se están a aproveitar sinerxías para mellorar os servizos e coordinar os horarios de autobuses coas necesidades da xente para que o transporte sexa máis útil para a mobilidade no rural e que chegue onde antes non chegaba.
- Subliña que a integración do transporte escolar nas liñas de uso xeral posibilitará aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares e mellorar a mobilidade dos veciños de moitos municipios, especialmente do rural.
- Destaca que con esta integración, os rapaces terán blindada a atención ás súas necesidades e mellorado o servizo ao ter o acompañante garantido, e os maiores terán moitas máis paradas para coller o autobús.
Beatriz Martínez, xerente de Adercou, explicoulles as subvencións ás que poden optar e animou aos empresarios da Comarca de Ourense a aproveitar estas axudas dependentes de Agader para mellorar as súas empresas e para crear novas.
Resolución final. | Acta do primeiro exercicio escrito de selección do equipo técnico. | Listado definitivo de admitidos e excluídos. | Lista provisional de admitidos e excluídos. | Boletín oficial da ProvinciaMartes, 25 de outubro de 2016 | Anuncio en prensaLa Región, martes, 25 de outubro de 2016 |
Boletín oficial da ProvinciaXoves, 13 de outubro de 2016 | Anuncio en prensaLa Región, xoves, 13 de outubro de 2016 | Bases de Contratación Equipo Xestor aprobadas por Agader | Instrucións para o procedemento de selección do equipo xestor | Desenvolvemento Rural Leader 2014-2020. Estratexia I e II (46 MB) | Desenvolvemento Rural Leader 2014-2020. Estratexia III (124 MB) |
Guía Práctica Programa Leader Galicia 2014-2020 | Acordo entre a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural | Mapa Leader Galicia 2014-2020 | Modelo de convenio de colaboración en tre Agader e os GDR | ||
Estatutos | Xunta Directiva |
El grupo de desarrollo rural de Ourense apuesta por fijar población con fondos europeosLa Voz de Galicia, 10 de maio de 2016. | Planes para invertir cuatro millones de la UELa Región, 10 de maio de 2016. |
La comarca de Ourense conocerá las nuevas ayudas del Leader GaliciaLa región, 9 de maio de 2016. | Toén ayudará a los vecinos que quieran emprenderLa región, 6 de maio de 2016. |
Ayudas para montar empresas de hasta el 50%Faro de Vigo, 10 de maio de 2016. | |
ORDE do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140611/AnuncioCA05-050614-0001_gl.pdf
Máis información aquí.
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014 pola que se modifica a Resolución do 5 de setembro de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2013-2014.
Faga click na imaxe para descargar:
DOG Núm. 92 • Xoves, 15 de maio de 2014.
RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.
Faga click na imaxe para descargar:
Para ver o convenio firmado pinche aquí.
O Presidente de Adercou, D. José Manuel Freire Couto, e o representante de Caixanova, D. Luis Aldemira Requejo, no momento da firma.
Aviso legal