Adercou actúa para minimizar as consecuencias do Covid19
(24.04.2020)
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR11-Adercou), continuamos implantando accións que minimicen no rural os efectos da pandemia.
Un exemplo diso, foi a adquisición e reparto de 4.000 mascarillas aos 17 concellos integrantes da nosa asociación, para evitar, na medida do posible, a propagación do Covid19. En próximas datas, trataremos de ampliar o número de unidades deste material de protección destinado á poboación infantil dos nosos pobos.
Moi sensibilizado tamén co sector agrícola e gandeiro, que está a sufrir os efectos negativos desta pandemia, coa notable redución da súa actividade económica, este GDR está a estudar diferentes liñas de comercialización dos seus produtos. Faremos unha aposta por poñer no mercado, xénero de alta calidade dos nosos produtores para tratar de aliviar esta adversidade.
| | |
| | |
GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal