Adercou promove a alimentación saudable con produtos quilómetro cero
(28.06.2021)
Proporcionar unha alimentación saudable aos máis cativos, coa produción de gandeiros e agricultores locais, na procura do coidado do medio ambiente son os principais obxectivos nun novo proxecto de Adercou, no que levaremos alimentos quilómetro aos comedores escolares.
Porase en contacto a directores dos centros escolares con produtores locais da nosa área de influencia, incidindo na formación dos cociñeiros no uso de alimentos de temporada e proximidade, para proporcionar menús de calidade estimulando á súa vez a economía local.
Este proxecto, en colaboración co Inorde e a firma Slow Food, cun amplo percorrido neste ámbito, porase en marcha nos centros escolares dos concellos aos que damos cobertura.
Un paso máis na procura de fomentar hábitos saudables nos estudantes que dá continuidade a actividades de anos anteriores, como os hortos escolares que se crearon nos colexios, co coidado dos estudantes
Imaxe da presentación do proxecto.
GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal