Adxudicados os proxectos non produtivos para o bienio 2021-2022
(07.09.2021)
O noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, adxudicou os proxectos non produtivos que corresponden a iniciativas públicas por parte dos concellos e a iniciativas privadas por parte de asociacións ou comunidades de montes.
Os fondos proceden do Plan Leader que neste bienio 2021-2022, conta con máis de 470.000 €
A xeolocalización e numeración dos municipios de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas e o despregamento da rede wifi no concello de Nogueira de Ramuín foron as propostas máis valoradas no tocante a organismos públicos.
En canto ao sector privado, o de maior puntuación foi o dunha Social Rural Truck, que achegará os servizos sociais ao rural incluíndo programas de educación familiar, actividades en contra da violencia machista, envellecemento activo ou de mediación, entre outras actividades.
Antía Pousa, na exposición do proxecto Social Rural Truck. Imaxe: La Región
GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal