Axudas proxectos de cooperación LEADER, para anualidades 2022 e 2023

(31.08.2022)

No DOG nº 165, de hoxe,  31 de agosto de 2022, publícase a convocatoria,  en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2022 e 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios os grupos da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Prazo de solicitudes: do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2022

Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: 
MR710A


   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal