Inauguración de vivenda comunitaria en Alongos
A firma REBOLLO, S.L., inaugurou o pasado venres, 16 de novembro de 2018, unha vivenda comunitaria na localidade de Alongos, pertencente ao concello de Toén (Ourense). Esta nova vivenda comunitaria está asentada nunha antiga reitoral, patrimonio que foi profundamente rehabilitado en prol da terceira idade.




A iniciativa empresarial, enmarcouse dentro do programan Leader 2017/2018 e foi xestionada por Adercou.
Á inauguración, acompañaron aos promotores da actividade, o Conselleiro Medio Rural, a Xefa Territorial de Presidencia, o Presidente Adercou, Alcaldes membros da Xunta Directiva de Adercou así coma veciños do Concello.



GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal