Un novo portal web dá visibilidade aos recursos turísticos de concellos de Ourense
Dez, foron os concellos de Ourense que se adheriron a un programa desenvolvido por ADERCOU, cuxo obxecto é dar visibilidade aos seus recursos patrimoniais e naturais, mediante o novo portal web adercouguiaturistica.com.

Nesta guía virtual reflíctense os lugares de interese máis relevantes a nivel turístico, rutas de sendeirismo e BTT, noticias, axenda de eventos, ademais dos establecementos hostaleiros de cada localidade. O portal, está construído en tres linguas, castelán, galego e inglés, para acoller a un público máis amplo
Os concellos participantes nesta iniciativa son: A Merca, A Peroxa, Barbadás, Cartelle, Gomesende, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, Toén, San Cibrao das Viñas e Xunqueira de Espadanedo.
GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
Aviso legal
Aviso legal