Noticias

(15.12.2023)
Os Grupos de Desenvolvemento Rural contarán cunha nova achega de máis de dous millóns de euros para xestionar dentro do marco do programa Leader 2024, de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) .

A Xunta de Galicia asinou  a terceira fase do convenio de colaboración, que contempla esta dotación económica,  entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

Un investimento que  permitirá a cobertura financeira de gastos estruturais dos novos proxectos que se desenvolvan nas áreas dos  24 GDR galegos, que permitirán dinamizar o territorio e axudar a crear emprego.



(13.11.2023)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural (ADERCOU) e ABANCA, vimos de asinar un convenio de colaboración que pon o foco principal nos investimentos, na resposta ás necesidades do tecido produtivo comarcal e na creación de emprego e auto emprego nos diferentes sectores que a conforman.

O acordo foi asinado esta mañá en Ourense, polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, polo director de zona Ourense de ABANCA, Enrique Romero, polo director oficina ABANCA Valenzá José Ramón Fernández, e polo presidente de ADERCOU, manuel Seoane Rodríguez, e o tesoureiro de ADERCOU, Cándido Gómez Vázquez.
Os representantes das dúas entidades, aproveitaron o encontro para conversar sobre os retos actuais, aos que se enfrontan os distintos sectores da comarca de Ourrense e o panorama económico actual.

Este convenio, focalízase especiamente na reactivación económica a través do crédito, co obxectivo de impulsar novos proxectos e dar continuidde e mellorar a competitividade e sostibilidade dos actuais. Os beneficiarios terán acceso a condicións vantaxoxas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais.


A experiencia dunha ampla rede comercial

Por outro lado, o documento reflicte unha oferta específica para os proxectos agro gandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de desconto comercial ou cofirming, entre outras. Istro tradúcese en financiamento a medida e a experiencia dunha ampla rede comercial cunha grande capilaridade e con xestores e xestoras altamente especializadas nas necesidades deste sector.

Así mesmo, os empresarios e empresarias que formen parte de Adercou, poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos de ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. O banco tamén ofrece xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónca para as persoas interesadas. Ademáis, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que a entidade financeira ten subscritos cos diferentes organismos públicos.




 (16.10.2023)

Onte foi un día memorable cheo de aromas e sabores excepcionais  dos  Viños das IXP de Galicia.

A paixón polo viño reuniunos no Centro Cultural Marcos Valcárcel,  nesta xornada especial de posta en valor dos caldos das IXP de Galicia. Unha honra para Adercou,  formar parte da promoción desta comunidade vitivinícola.

O acto de apertura a esta xornada foi a cargo do Vicepresidente de Adercou, Jaime Sousa, do representante da Conselleria Rural, Luis Jorge Álvarez e de Francisco en representación da Deputación de Ourense 
A xerente de Adercou. explicou o proxecto de cooperación de todas as Indicacións Xeográficas Protexidas, que permiten poñer en valor estes viños que no noso territorio contan con dúas adegas: Adega Terras Mancas en Amoeiro e adega VIDES Singulares en Coles
Na Máster Class, dirixida por Luis Paadín,  que se levou a cabo durante a mañá, os expertos compartiron os seus coñecementos e experiencias, brindándonos unha visión máis profunda dos viños da IXP Val do Miño.

 


Despois da clase maxistral  levada a cabo pola mañá da man de Luis Paadín , chegaron as catas programadas para a tarde, dirixidas por Martiño Santos de VIDE, VIDE.
Unha experiencia compartida na que exploramos a diversidade e singularidade dos viños galegos, guiados por expertos na materia que nos levaron a través dunha viaxe sensorial, descubrindo  as notas e matices desta rexión vinícola excepcional.

Estas actividades, forman parte dun proxecto de cooperación entre varios grupos de desenvolvemento rural, participado por nós, no que participan a Adega Terras Mancas  e a  VIDES Singulares , dúas adegas da IXP Val do Miño,  recuperando viñedos e  paraxes  máxicos, e a quen lles desexamos grandes éxitos, na súa aposta polo rural,  






(19.10.2023)

Subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2023. (Código de procedemento IN418E)


  • Proxecto de planificación enerxética de concellos ou agrupacións de concellos


_________________________________________________________________________________________________________________

  • (22.11.2023) DOUE  
  • (16.11.2023) Pregos publicados no BOP o xoves 19 de outubro e unha vez vencido o prazo de alegacións por parte dos concellos integrantes nos devanditos proxectos.


_________________________________________________________________________________________________________________

  • Modelo de PCA + PCT + Anexos





  • Informe xurídico


  • Publicación no BOP de Ourense Nº 241 de 19.10.2023






(28.09.2023)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns Obradoiros de ELABORACIÓN DE CONSERVAS DE OUTONO,     a realizar, durante os próximos meses, nos seguintes concellos   do rural que forman parte do noso ámbito de actuación: 
  • A Merca, 
  • A Peroxa, 
  • Amoeiro, 
  • Barbadás, 
  • Coles, 
  • Cartelle,
  •  Esgos,  
  • Paderne de Allariz, 
  • Pereiro de Aguiar, 
  • Ramirás, 
  • San Cibrao das Viñas, 
  • Toén, 
  • Nogueira de Ramuín, 
  • Xunqueira de Espadanedo.
Os obradoiros realizaranse durante os meses de outubro e novembro. Para solicitar a inscrición deberase contactar con concello donde se desexe realizar o obradoiro.







(28.09.2023)

Un dos proxectos que se están xestionando no noso Grupo de Desenvolvemento Rural, apoiado polo plan Leader, que afecta a 10 concellos da nosa área de influencia é o Estudo estratéxico para a subministración enerxética que contemple a promoción do aforro enerxético.

Para dar continuidade a este expediente, no que atinxe á fase de xustificación da subvención,  o pasado martes, 26 de setembro, tivo lugar unha mesa de traballo que contou coa asistencia de representantes dos concellos adheridos, persoal de Adercou e persoal técnico xurídico.

Segundo publicación no DOG nº 185 de data de hoxe, o prazo de execución e xustificación do investimento relativo a este proxecto (procedemento IN418E da Axencia Instituto Enerxético de Galicia), queda ampliado ata o 23 de outubro de 2023. 


As entidades locais que se uniron a liña de axudas son: A Peroxa, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar,  Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo. 



  
(05.07.2023)

Os concellos de A Peroxa, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo. pertencentes ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU, poderán reducir os custos derivados da enerxía eléctrica grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, de case 135.000 €, para desenvolver un proxecto conxunto, no que se analizarán os consumos e impulsará un proxecto de contratación centralizada.

A resolución desta subvención, foi explicada por Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recuros Naturais, no encontro mantido con representantes dos concellos agraciados e membros da directiva de Adercou. 




Medios:



(05.07.2023)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural, ADERCOU, incluirá unha nova liña de axudas ao emprendemento,  o BONO ACTIVA RURAL, subvención que se encadrará dentro do Plan Leader 2023-2027, cuxa estratexia aprobou a Xunta Directiva e se presentou en asemblea, 


Co Bono Activa Rural, os emprendedores, terán la posibilidad de conseguir unha axuda de ata 18.000 €, dividido en dúas anualidades, para proxectos que conten cun plan de viabilidade técnica e económica e que se desenvolvan na área de influencia do noso GDR.

As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas, que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a titulo individual,  na que alo menos cren o seu posto de traballo, a condición de que  non estivesen dadas de alta no réxime de autónomos na mesma actividade para a que se solicite axuda nos últimos anos e que opten por esta modalidade na correspondiente solicitude. 

 

Medios:

(27.01.2023)

Convocadas as axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2023. O código do procedemento é o MR340A.

As axudas consistirán en subvencións cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda poderán incluír soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre si nas condicións indicadas nesta orde.


Investimentos incentivables

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a súa cantidade ou o seu valor económico total non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do tratado).

3. Non obstante, non serán apoiables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) A construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) A compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

5. Porén non serán obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e ás actividades sinalados no anexo I desta orde.

A quen vai dirixido?
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou as sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Prazo: 28/01/2023 - 30/03/2023


Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR340A




(20.01.2023)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria e as bases reguladoras da XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural de Galicia. A dotación orzamentaria total que destina a Consellería do Medio Rural a estes galardóns é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada un dos gañadores participantes nas oito categorías establecidas. O obxectivo destes premios é recoñecer por parte do Goberno galego aquelas iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada, tal e como se explica nas bases e na convocatoria.

Na resolución indícase que existen oito categorías: de mocidade, para persoas de menos de 40 anos; paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario; de interese social, para aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos ou do coidado dos maiores; categoría de turismo; do sector agrogandeiro; de mulleres, para iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por elas; de innovación tecnolóxica e, por último, de recuperación e posta en valor da terra agraria.

-Fonte: Xunta.gal-



(13.01.2023)

No día de hoxe, recibimos a visita da Directora de AGADER, Inés Santé Riveira, para coñecer  algúns dos investimentos levados a cabo no noso territorio,  coa medida Leader  2021/2022, apoiados polo noso Grupo de Desenvolvemento Rural, .

Tres, foron os proxectos presentados hoxe man dos seus propios promotores, que perseguen a dinamización do rural e unha aposta pola creación de emprego: 

-Social Rural Truck
Promotor: Xeracción S. Coop. Galega 
Obxecto: Achegar os servizos de atención psicosocial e mediación do Programa "Sementando Cidadanía" á poboación do rural dos 17 concellos pertencentes ó GDR11.
  

-Pensión Casa da Fonte
Promotor: Juan Carlos Cortés
Obxecto: Establecemento hoteleiro. Pensión 2** (Ramirás) 
 

-Museo do Lebre
Promotor: Concello de A Peroxa
Obxecto: Exposición que busca rescatar e revalorizar a figura de "o lebre de Casarizas", un inventor e artesán  multidisciplinar 
 

No percorrido realizado polas distintas ubicacións dos proxectos visitados, a Directora de Agader, estivo acompañada por Manuel Seoane, alcalde de A Peroxa e presidente de Adercou; Ricardo González, Alcalde de Toén; Isabel Gil, Alcaldesa de Ramirás, Gabriel Alén, Delegado Territorial en Ourense e Cecilio Santalices, xefe da Área Provincial de Turismo en Ourense


Medios:

 


(10.01.2023)

Convocatoria  en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).

A quen vai dirixido?
Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Prazo de presentación de solicitudes?
Segundo o artigo 4 da convocatoria:

Pto. 2 - Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

Pto. 3 - Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a esta convocatoria as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de 2023.


A quen se dirixen as solicitudes?
As solicitudes de axuda dirixiranse ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado ( anexo II das bases reguladoras) que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.


Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR701D

(20.12.2022)

A nosa Asociación Adercou, GDR11, xestora do programa LEADER 2014/2020 hoxe día 20 de decembro de 2022 presentou a súa estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para concurrir os Fondos Europeos do seguinte periodo do plan LEADER . 

Reuníronse 23 representates de diferentes colectivos, Entidades Locais (Concellos integrantes de ADERCOU e Deputación) e asociación empresarias, ou colectivos sociales que son membros da súa Xunta Directiva.

Comezou o acto ca celebración da Xunta Directiva de Adercou onde se deu boa  conta de todos os proxectos subvencionados e actividades promomocionais de dinamización do territorio que se levaron a cabo ao longo destos anos.

Na tarde de onte pesentouse a guía onde se recollen os todos os proxectos que o Plan Leader permitiu subvencionar. 
Unha mágoa  non poder contar con máis fondos dado que a demanda e a creación de iniciativas no rural é moito maior que as que reciben ou chegan a acadar esta axuda Europea. Axudas que poden percibir ata o 50% do investimento cun máximo de 200.000 €.

Tamén as Iniciativas non productivas teñen cabida neste programa e reciben fondos que lles permiten as socaicións ou Concellos ofrecer servizos no rural. Como é o caso,  por exemplo, dunha furgoneta adaptada, a “Social TRUCK”, que poderá dar asesoramento e atención nos lugares con peores comunicación ou simplemente dunha forma máis cómoda para a xente maior, optimizando servizos e tempo.

Despois de facer a presentación de todos os proxectos deste ano, chegou o momento de presentar a nova estratexia que permitira continuar como  PROXECTOS PILOTO dúas iniciativas que este ano se puxeron a andar , como son os produtos de KM0, achegando aos colexios e fomentando dende a infancia o consumo de produtos de cercania. Tamén proxectos de reciclaxe como o aproveitamento do aceite usado que xunto co IES de Vilamarin traballaremos en seguir sacando ideas e proveito para a agricultura e o turismo rural.

  
     

  
(15.12.2022)


A aposta de ADERCOU  por motivar no desenvolvemento do rural,   aos mozos e mozas que están a formarse nos centros educativos do noso territorio, viuse reflectida, neste caso, no acordo de colaboración asinado o pasado mes de xuño, entre o presidente deste GDR, Manuel Seoane e os representantes do IES Vilamarín e CIFP da Farixa, Eva Fachada e José Manuel Paredes, respectivamente.


Un acordo que, seis meses despois,  acada os seus froitos coa elaboración de
  • unha Guía de Roteiros de Sendeirismo,  polos alumnos de Turismo do CIFP A Farixa , e
  • un Manual de Elaboración de Xabóns, por parte dos alumnos do IES Vilamarín

Estes traballos, editados por ADERCOU, foron entregados hoxe, de mans do noso presidente, aos directores dos dous centros de Formación Profesional, quen recibiron ademais, a Guía completa de proxectos que axudamos a desenvolver a distintos promotores da nos área de influencia, dentro  Programa LEADER-Galicia 2014-2020 • 2021-2022.


Medios:
 


(08.11.2022)

O Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, somos unha entidade de portas abertas que  estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027. 

Para poder prestar apoio naqueles eidos e proxectos que máis o precisan, precisamos da túa colaboración. Como podes facelo?  Informando dos teus intereses, propostas, suxestións... na enquisa que achegamos e que podes cubrir en liña. 

Preme na imaxe para acceder á enquisa. Non che levará máis duns minutiños.




(20.10.2022)

O Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, somos unha entidade de portas abertas que  estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027. 

Queremos achegar apoio naqueles eidos que máis o precisan. Para elo, precisamos da túa colaboración, coa achega de suxestións, propostas, proxectos… que vaian na procura dun desenvolvemento sostible e perdurable. 

Con esa premisa, abrimos distintas mesas sectoriais, (Agro-forestal, sociocultural, industrial, empresarial,...) na que solicitamos a túa participación.

Para máis información podes contactar con nós no 988 36 01 73 
Tes moito que aportar!! Agardámoste!! 

 
(19.10.2022)

Imaxes da actividade, realizada hoxe,  para o coñecemento do patrimonio e lugares de especial interese turístico, dirixida a representantes da área de Turismo dos concellos participantes, asociacións, guías turísticos….

Os principais obxectivos deste programa posto en marcha polo noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, son:
• Poñer en valor o extenso e variado patrimonio, cultural e natural, dos concellos ourensáns dentro do territorio de ADERCOU.
• Dar a coñecer todo ese patrimonio.
• Fomentar o intercambio entre os territorios próximos para un maior coñecemento.
• Promover actividades dirixidas aos diferentes colectivos e asociacións do territorio para coñecer as zonas próximas e poder difundilas.
• Concienciar sobre a protección e valorización destes recursos.
• Visibilizar o traballo feito coa protección da razas autóctonas galegas.

Agradecementos ao IES VILAMARINN que nos deu unha verdadeira demostración de recursos, dos seus mozos e mozas, á hora de utilizar produtos  do Territorio.
Grazas tamén aos docentes que tan amablemente nos atenderon. 
Un luxo de xornada.

   
     
     
(21.09.2022)

Esta Asociación de Desenvolvemento Rural para a Comarca de Ourense, vén de ser nomeada, polo Consello de dirección de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural),  entidade colaboradora na medida LEADER Galicia para o período 2023-2027.



(21.09.2022)

No día de hoxe, este Grupo de Desenvolvemento Rural e a entidade financeira, ABANCA, asinaron un convenio de colaboración para o mantemento de relacións financeiras con condicións especiais, recollidas no Anexo I, do acordo,  no que atinxe á:

- Póliza de Crédito para este GDR
- Condición de financiación, avais.
- Ou, contas á vista.

Tamén estableceron un acordo no tocante a beneficiarios de proxectos no agro, agrogandeiros, forestais e vitivinícolas,  vinculados ao noso grupo e área de influencia, recollidos no Anexo II e III do documento asinado.


  
 
(31.08.2022)

No DOG nº 165, de hoxe,  31 de agosto de 2022, publícase a convocatoria,  en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2022 e 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios os grupos da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Prazo de solicitudes: do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2022

Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: 
MR710A

(28.08.2022)
No marco do Festival de la Luz, tivo lugar onte a xornada sobre "Xestión da sustentabilidade en eventos culturais con espectáculos  en vivo en espazos rurais", que contou coa coordinación da Asociación Deloa e a colaboración deste Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou,  ademais de Gdr CostadamorteGdr Ulla Tambre MandeoGDR Ribeira Sacra - Courel,  Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-NaveaGDR Salnés-Ulla-UmiaGDR Terras de Pontevedra Norte e APRODERVI.

Como poñentes, participaron,  Jorge Minas (Vibomask Festival Internacional Mascarada Ibérica, Yeya Gilino (Asnot) e Evaristo Méndez  (Festa de Pisa da Castaña). 
A presentación correu a cargo de Marga Pazos, xornalista e presentadora da TVG. 

Como broche final, actuación de Catuxa Salom.


  
   

(21.07.2022)

Estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027.

Queremos achegar apoio naqueles eidos que máis o precisan. Para elo, precisamos da túa colaboración, coa achega de suxestións, propostas, proxectos… que vaian na procura dun desenvolvemento sostible e perdurable. Somos unha entidade de portas abertas.

Para máis información podes contactar con nós no 988 36 01 73
Tes moito que aportar!! Agardámoste!!

(29.06.2022)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns seminarios de elaboración de xabóns e deterxentes, en cada un dos concellos do rural que forman parte do noso ámbito de actuación: A Merca, A Peroxa, Amoeiro, Barbadás, Coles, Cartelle, Esgos, Gomesende, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo.

A actividade consiste na elaboración de produtos de limpeza naturais (xabóns e deterxentes), utilizando como materia prima entre outros,  aceites de refugallo, flora ornamental, plantas con  propiedades medicinais da zona, poñendo en valor tanto a sustentabilidade como a natureza da contorna.

Cada obradoiro terá unha duración de 4 horas, de 16:00 a 20:00 h, desenvolvéndose segundo o seguinte calendario:

Para asistir aos seminarios é preciso inscribirse no concello de referencia. Establécese un máximo de 15 persoas por obradoiro.



(22.06.2022)

Xornada de intercambio de experiencias entre dous GDR, Asdecomor e Adercou.

Representantes do Gdr ASDECOMOR, o alcalde de Ordes, o concelleiro de Oroso e o xerente da asociación, achegáronse ao noso territorio para realizar traballos de campo e poder coñecer in situ dúas accións desenvolvidas na nosa área e financiadas polo programa #Leader.  

A primeira visita foi á casa comunitaria Paderne de Allariz, onde unha reforma de 5 vivendas nunha zona rural pon en valor un servizo coidadoso e de calidade para os nosos maiores.

A segunda, foi a reunión de traballo cos alcaldes de Pereiro de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, que están a executar o proxecto de creación e implantación dun servizo de cartografía (WMS) para a xeolocalización de edificacións e parcelas co obxectivo de facilitar a dotación de servizos aos seus veciños.  Un proxecto que é necesario para poder actualizar a numeración de forma coordinada e organizada co catastro. E que ademais,  segundo recoñecen os alcaldes e os quen  o coñece,  ten múltiples posibilidades de servizos á poboación.

      
(22.06.2022)
O presidente de Adercou, Manuel Seoane  asinou  un Acordo de Colaboración co IES de Vilamarín  e co CIFP da Farixa. 

Sen lugar a dúbidas,  unha  gran aposta por  motivar aos mozos e mozas que se están formando nos centros do noso territorio.  

Realizaremos actuacións conxuntas que permitan poñer en valor o rural dos 17 Concellos integrantes de ADERCOU, a través de  roteiros  de sendeirismo  e  valorización dos productos agrarios.
  
 
 
(15.06.2022)

O presidente da Xunta de Galicia , Alfonso Rueda Valenzuela,  destacou o  impulso do Plan Leader para o rural. Así o relatou onte, no  acto conmemorativo do 30 aniversario deste programa, que tivo lugar en Cenlle.

Un pulo ao desenvolvemento rural cun investimento de máis de   930 millones de euros nos  últimos 30 años.

Rueda, agradeceu o compromiso dos  24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR), quen co seu traballo contribúen na creación de  emprego e da economía local.

Medios:

(11.05.2022)

Máis de 12.000 veciños dos concellos de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar beneficiaranse dun proxecto de numeración e xeolocalización dos seus inmobles que estase poñendo en marcha nos concellos de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar.

Van a contar con nova numeración, respectando na medida do posible a xa existente, que será homoxénea en cada concello e que facilitará moito a localización de cada inmoble coas múltiples vantaxes que iso supón, como favorecer o cumprimento das competencias das diferentes administracións así como a prestación dos servizos por parte de profesionais e empresas do sector privado.

No día de onte, a empresa concesionaria e os alcaldes dos dous municipios mantiveron unha reunión na que se abordaron diversas cuestións para seguir avanzando na execución do proxecto, presentáronse xa os modelos de placas de numeración así como as características da aplicación informática de xeolocalización que constitúe outro piar fundamental do mesmo.

O importe económico ascende a mais de 141 mil euros do cal a metade será aportado a través do programa Leader, xestionado pola nosa Asociación de Desenvolmento Rural da comarca de Ourense (ADERCOU) e o resto polos dous concellos.


Medios:
Cope

   
   
(03.05.2022)

Onte, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, acolleu un acto institucional e de apoio da IXP Val do Miño-Ourense.

Dentro da xornada e Túnel do Viño. presentouse o proxecto de cooperación "Dinamización e promoción dos viños das IXP de Viños de Galicia".

José Eduardo López Pereira e as adegas do noso territorio, Adega Terras Mancas  e VIDES Singulares, puxeron en valor a tradición histórica das súas producións.

Posteriormente, Isabel Barros Otero (Conselleria do Medio Rural en Ourense) e Francisco Rego Martínez (experto en viticultura), perfectos coñecedores de como se xestou a IXP Val do Miño-Ourense, expuxeron a situación e contexto da primeira Indicación Xeográfica de Galicia, aprobada pola Comisión Europea en 2001.

Dende o noso Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, queremos agradecer a implicación das autoridades e institucións a este acto tan importante para estes dinamizadores do territorio que apostan por viños singulares. Agradecemento que facemos extensivo de parte dos seus produtores.


MEDIOS:
  
      
           
(18.03.2022)

A Deputacion Ourense intégrase coma socia en todos os GDR do seu territorio achegando soporte técnico e económico.

O seu presidente, Manuel Baltar  mantivo onte unha reunión cos representantes dos seis  Grupos de Desenvolvemento Rural  para formalizar a colaboración.

Esta iniciativa contou coa aprobación unánime  no último pleno de debate sobre o estado da provincia da Deputación ourensá.


Ver noticia en medios:


(11.03.2022)

O programa "Conservando produtos KM0" levado a cabo por Adercou en colaboración co Campus de Ourense da Universidade de Vigo, comezou a pasada fin de semana con sendos obradoiros en Cartelle e A Peroxa.

Hoxe e mañá, é a quenda de Esgos e San Cibrao das Viñas respectivamente. Nestes obradoiros,  alumnos do grao de Enxeñería Agrónoma, ensinan aos participantes, distintas técnicas de conservación de froitas e verduras producidas para o autoconsumo. Nesta ocasión realizaron conservas de grelos e mermelada de tomate e xenxibre.

Os alumnos universitarios comparten así o seu saber,  á vez que eles reciben coñecementos  da xente do rural. Un intercambio que enriquece a ambos.

Imaxes do Obradoiro realizado en ESGOS o 11.03.2022

Alumnos do Grao de Enxeñería Agrónoma
 acompañados da súa profesora, Elena Falqué
e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez.  



 
  
  
  
  
  

Imaxes do Obradoiro realizado en CARTELLE o 4.03.2022
 
  


          
(03.03.2022)
O comunicador Juan Maceiras, rexedor do programa "Mediodía Cope Ourense", entrevistou a Manuel Seoane, Presidente de Adercou e a Inma Franco, profesora da Universidade de Vigo.
Un encontro para difundir nas ondas o proxecto en común de Adercou e o Campus de Ourense da Universidade de Vigo,  que permitirá achegar aos alumnos de Enxeñería Agraria á realidade do rural ao mesmo tempo que eles ensinarán técnicas de conservación de alimentos de produción local.



    
(24.02.2022)

Dende Adercou, en colaboración co Campus de Ourense da Universidade de Vigo, poñemos  en marcha sesións formativas e prácticas para a aprender a  conservar  produtos de km0.

Oito concellos  integrantes da nosa Asociación de Desenvolvemento Rural Adercou (Cartelle, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Esgos, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín) solicitaron recibir estes obradoiros para dar a coñecer á poboación o valor nutricional, asi como a importancia de entender un etiquetaxe ou de como poder conservar os excedentes das nosas hortas. 

O valor deste proxecto é poder achegar a Universidade á realidade do territorio. Así alumnos de Grao en Enxeñería Agraria e Mestrado en Ciencias e Tecnoloxia Agroalimentaria e Ambiental achegaranse ás sedes de diferentes asociacións destes concellos onde impartirán un obradoiro práctico. Ao mesmo tempo, os  alumnos porán en práctica os seus coñecementos á vez que a propia poboación do noso territorio amosaralle  as súas inquedanzas nesta temática. 
Dunha banda, os alumnos poderán adquirir a capacidade dun aprendizaxe autónomo con xestión de información, así como traballar en equipo dunha forma multidisciplinar onde estarán en contacto con asociacións e xente do rural que está a traballar con produtos agroalimentarios de autoconsumo. Poderán  ademais,  aportar solucións, ideas, innovación á hora da composición, calidade e conservación de froitas e verduras dende a perspectiva sanitaria e nutricional.

Todo elo estará supervisado e acompañado  por un equipo das mestras  da  Universidade,  Inmaculada Franco (área de tecnoloxía dos alimentos), Elena Falqué (área de química analítica) e Concepción Pérez Lamela (área de nutrición e bromatoloxía) que perseguen, durante o próximo curso académico, a participación activa do alumnado neste proxecto, o que lles permitirá a adquisición de competencias básicas e transversais. 

As xornadas formativas celebrarnse en fin de semana e comenzarán o venres 4 de marzo en Cartelle. O día 5 de marzo,  pola mañá,  están previstas nos concellos de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

Para máis información contactar con Adercou, no teléfono 988360173 ou co propio concello.

Dende Adercou,  sempre conscientes da importancia de establecer sinerxías cos axentes cos que conta o noso territorio de influencia -un total de  17 concellos limítrofes da cidade de Ourense-, estamos ledos de formar parte deste proxecto, que fortalece o noso compromiso  co noso rural.

ORDE de 30 de diciembre de 2021, da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, pola que se consolida como bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do periodo 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR340A).

(Preme na imaxe para máis información)

(07.02.2022)

RESOLUCIÓN de 17 de xaneiro de 2022, da  Axencia Turismo de Galicia, pola que se fundamenta como bases reguladoras para a concesión, en régimen de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e establécese a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503A).

(Preme na imaxe para máis informacion)
(04.02.2022)

Informamos de diferentes axudas convocadas pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia

◾️MR462B - Axudas destinadas a la elaboración de instrumentos de ordenación o xestión forestal.
Prazo: 02/02/2022 - 04/05/2022
____________

◾️MR670B - Primeira forestación de terras non agrícolas.
Plazo: 02/02/2022 - 15/03/2022

____________

◾️MR605B - ​​Axudas para as acciones silvícolas de prevención dos daños causados ​​nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras
Prazo: 25/01/2022 - 24/02/2022
(27.01.2022)

Resolución da do 30 de diciembre de 2021 pola que se aproban como bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca,  mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo terceira edición (DOG nº 18 do 27 de xaneiro de 2022).

Código de procedimiento sede electrónica Xunta de Galicia MR709A

(Premer na imaxe para acceder a resolución)
(25.01.2022)

Mañá, mércores 26 de xaneiro, ábrese o procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

Para os efectos deste plan, terán a consideración de parcelas agrícolas:

- Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada no Sixpac como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos).

- Parcelas nas que se localice unha instalación  agrogandeira.

-Parcelas incluídas na solicitude de axuda para os pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (SIXC) do ano 2021.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia é o MR701E.


Prazo:  26/01/2022 - 25/02/2022


(Premer na imaxe para ler a resolución completa no DOG)
(25.01.2022)

Publicado no DOG de hoxe, 25 de xaneiro de 2022, a convocatoria de subvenciones para proxectos de creación, mejora y ampliación de servicios básicos locais en aldeas modelo e proximidad territorialis vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco el Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se anuncia una convocatoria para el año 2022 (código de procedimiento MR711D da Xunta de Galicia).

Prazo: 26/01/2022 - 25/02/2022

Máis información e presentación de solicitudes en https://sede.xunta.gal/detalle-procedimiento?codtram=MR711D

(Premer na imaxe para acceder á publicación completa no DOG )

(25.01.2022)

Publicada no DOG nº 16 de hoxe, martes 25 de xaneiro de 2022, as bases reguladoras de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e anúnciase a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A da Xunta de Galicia).

Prazo: 26/01/2022 - 25/02/2022

Máis información e presentación de solicitudes en  https://sede.xunta.gal/detalle-procedimiento?codtram=MR708A




(Premer na imaxe para acceder ao extracto)

(Premer na imaxe para acceder a resolución)


(16.12.2021)

Dende Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou eo Limia Arnoia RDA 10 co financiamento da Consellería Do Medio Rural, poñemos en marcha un proxecto que leva produtos agroalimentarios de proximidade aos comedores escolares de dous centros educativos da nosa demarcación.

Patacas, fabas, carne de tenreira galega, de porco celta e de cordeiro, iogur, queixo, mel ... Produtos que destacan pola súa calidade coa garantía de que pertencen ás indicacións xeográficas de Galicia - Ternera Gallega, Porco Celta, Mel De Galicia , Faba de Lourenzá ou Queixo Tetilla DOP-.

No conxunto da comunidade autónoma, serán oito centros escolares os que recibirán estas produciones por parte de la Xunta de Galicia, sendo os elixidos, no caso da provincia de Ourense, os comedores do CPI Antonio Failde (Concello de Coles) eo Ceip Carlos Casares Xinzo De Limia (Concello de Xinzo de Limia).

Grazas a este proxecto, os comedores escolares do rural gozarán de xantares especiais de Nadal con alimentos producidos no rural.

Equipo de cociña e comedor do CIP Antonio Failde do Concello de Coles  Equipo de cociña e comedor del CIP Antonio Failde do Concello de Coles

(13.11.2021)

Así foi, en imaxes, andaina que percorreu hoxe un tramo da ruta da Vía da Prata do Camiño de Santiago, circulando por territorio dos Concello de Coles, Concello de Vilamarín e Concello de Amoeiro, e na que estiveron presentes as responsables dos Centros de Información á Muller (CIM) dos Concellos que conforman ADERCOU e tamén a Xefa da Unidade Provincial de Violencia Sobre a Muller, Ma Alida Iglesias, xunto con membros da Xunta Directiva de #Adercou 

Rematado o traxecto, degustáronse produtos do territorio no campo da feira de Bouzas e proxectáronse unaha serie de entrevistas realizadas a mulleres senlleiras da provincia de Ourense, poñendo en valor o seu traballo no noso territorio.

Compartimos una entrevista a Ma Pilar Otilia López García, primeira muller alcaldesa de Galicia (foi no Concello de Ramirás- Ourense), continuando coa súa labor durante 40 años. Foi nomeada a máis veterana de España, e chegou á política no ano 1975 por designación do gobernador da época.


A segunda entrevista visionada tras a andaina de hoxe, foi a feita a Zulema González González miembro del Comité de Árbitros de Galicia e primeira arbitra internacional galega, que desenrola a súa labor na actualidade na Primeira División Feminina de España.

Outra entrevista visionada hoxe foi a de Antía Pousa Perez, promotora dunha iniciativa subvencionada polo programa LEADER de posta en valor do rural a través dun servizo de atención psicosocial e de mediación á poboación, pretendiendo alcanzar obxectivos específicos que potencien a cohesión social, suplindo as dificultades de mobilidade no rural pola dispersión xeográfica eo envellecemento poboacional e dando un servizo en pequeños grupos que xa fan vida nos seus núcleos rurais, ofreciendo un espazo como é o da SOCIAL RURAL TRUCK para poder impartir estas actividades.

Agradecemos moito a alta participación e a implicación en camiñar xuntos pola eliminación da violencia de xénero.   


Prensa:

(12.11.2021)

Resolución pola que se publica o resultado da convocatoria de subvencións para a ejecución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacioness conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do PDDR de GAlicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

(18.09.2021) 

Onte na sede do noso Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, mantivemos un encontro  para poñer en común cos diferentes colaboradores, as iniciativas que se levarán a cabo dentro do 𝗣𝗥𝗢𝗫𝗘𝗖𝗧𝗢 "𝗖𝗼𝗺𝗲𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗞𝗠𝟬"

Un proxecto na que todos os participantes teñen gran importancia (alumnos, produtores, ...). especialmente, os cociñeiros e cociñeiras dos centros educativos, que fan dos comedores "un aula de formación para aprender a valorar os alimentos, comer san e coidarse".


Prensa:

Hoxe estamos en Guadalupe, provincia de Cáceres, nun encontro con diferentes grupos de desenvolvemento rural, co obxecto de colaborar nun proxecto de apoio aos promotores e xestores do sector dos espectáculos en vivo para que estes cumpran criterios de sustentabilidade social, medio ambiental, económica e cultural.

Os GDR implicados nesta iniciativa son:
  • Asociación Deloa
  • Gdr Costadamorte
  • Gdr Ulla Tambre Mandeo
  • GDR Ribeira Sacra - Courel
  • GDR Terras de Pontevedra Norte
  • GDR Salnés-Ulla-Umia
  • Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea
  • Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou
  • APRODERVI



(07.09.2021)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, adxudicou os proxectos non produtivos que corresponden a iniciativas públicas por parte dos concellos e a iniciativas privadas por parte de asociacións ou comunidades de montes.


Os fondos proceden do Plan Leader que neste bienio 2021-2022, conta con máis de 470.000 €

A xeolocalización e numeración dos municipios de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas e o despregamento da rede wifi no concello de Nogueira de Ramuín foron as propostas máis valoradas no tocante a organismos públicos.

En canto ao sector privado, o de maior puntuación foi o dunha Social Rural Truck,  que achegará os servizos sociais ao rural incluíndo programas de educación familiar, actividades en contra da violencia machista, envellecemento activo ou de mediación, entre outras actividades.

 
Antía Pousa, na exposición do proxecto Social Rural Truck. Imaxe: La Región

(02.09.2021)

Hoxe, procedeuse á posta en marcha e sinatura dun convenio entre a Universidade de Vigo-Campus de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, para levar a cabo proxectos de aprendizaxe


A aprendizaxe-servizo é unha metodoloxía activa que consiste en que o alumnado aprende facendo un servizo á comunidade. 

Na Facultade de Ciencias de Ourense, os alumnos dos últimos cursos do Grao de Enxeñería Agraria e alumnos do Máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental poderán participar no Proxecto de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) “CONSERVANDO km 0” no marco da convocatoria de proxectos innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo da Universidade de Vigo convocada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

As profesoras Inmaculada Franco (Área de Tecnoloxía dos Alimentos), Elena Falqué (Área de Química Analítica) e Concepción Pérez Lamela (Área de Nutrición e Bromatoloxía) durante o próximo curso académico buscan a participación activa do alumnado neste Proxecto ApS, o que permitiría a adquisición de competencias básicas e transversais.

Dende Adercou, e sempre conscientes da importancia de establecer sinerxías cos axentes cos que conta o territorio que comprende ADERCOU, que en total son 17 Concellos limítrofes da cidade de Ourense, estamos ledos de formar parte deste proxecto, que fortalece o noso compromiso co noso rural. Trátase de un convenio coa Universidade de Vigo, campus de Ourense, para o desenvolvemento do PROXECTO DE APRENDIZAXE E SERVIZO: CONSERVANDO km 0, que se executará de xaneiro de 2022 a xuño de 2022.

Dito proxecto ten por obxectivo achegaros alumnos á realidade dos nosos pobos, permitíndolle por un lado adquirir a capacidade dun aprendizaxe autónomo con xestión de información, así como traballar en equipo dunha forma multidisciplinar onde estarán en contacto con asociacións, xente do rural que está a traballar con produtos agroalimentarios de autoconsumo e, ademais, poderán aportar solucións, ideas, innovación á hora da composición, calidade e conservación de froitas e verduras dende a perspectiva sanitaria e nutricional.

É un proxecto enriquecedor onde o feedback é real, xa que o estudantado coñecerá o que se está a vivir nos nosos pobos co abandono do campo e as dificultades do relevo xeracional e, por outra parte, estes/as universitarios/as aportarán coñecemento e capacidade social para, dunha forma práctica, impartir charlas de como se poden ter produtos de proximidade e, aplicando diferentes formas de conservación e consumilos durante todo o ano.

Apostamos porque os nosos mozos e mozas formados/as aposten por aportar un grao ao noso rural, a única forma de darlle vida e continuidade e que eles se involucren e queiran poñer a súa ilusión e bo facer en sacar adiante proxectos que revitalicen o agro. Tamén traballamos por mostrar esta situación á administración e poder chegar a eliminar esas trabas que dificultan tanto que as nosas terras e produtos recuperen o seu esplendor.
Os Concellos do rural integrantes de ADEROU solicitarán o seu interese en participar nestes talleres que porán de forma práctica as diferentes maneiras de conservar os produtos, como elaboración de conservas, conxelación, etc.



Prensa:

(20.07.2021)

O presidente deste Grupo de Desenvolvemento Rural, Manuel Seoane e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asinaron hoxe un convenio de colaboración que promoverá os produtos agroalimentarios de proximidade. 

O Inorde porá a disposición de Adercou, o calendario de produtos de tempada para colaborar no desenvolvemento do noso programa de alimentación saudable nos comedores escolares con produtos quilómetro cero.  


 

Prensa:
(16.07.2021)
O presidente de Adercou, Manuel Seoane e a Presidenta da CEO  Marisol Nóvoa, asinaron hoxe un convenio de colaboración para dinamizar a creación de empresas no rural de cara á reactivación económica, afectada especialmente trala pandemia.

No encontro que tivo lugar na sede da CEO, Manuel Seoane destacou que Adercou, o Grupo de Desenvolvemento Rural que preside, axuda aos emprendedores nos proxectos de negocio que se implantan na súa área de influencia (17 concellos), pero que os fondos non son suficientes para todas as iniciativas que se presentan. Para dar cobertura a esta carencia, asínase este acordo coa Confederación Empresarial de Ourense Un acordo que porá  en común os recursos de ámbalas dúas entidades para apoiar no asesoramento técnico e desenvolvemento óptimo das  novas actividades  empresariais ou  das xa establecidas que buscan o seu crecemento e consolidación.


Ler noticia en prensa:



(28.06.2021)
Proporcionar unha alimentación saudable aos máis cativos, coa produción de gandeiros e agricultores locais, na procura do coidado do medio ambiente  son os principais obxectivos nun novo proxecto de Adercou,  no que levaremos alimentos quilómetro aos comedores escolares.

Porase en contacto a directores dos centros escolares con produtores locais da nosa área de influencia, incidindo na formación dos cociñeiros no uso de alimentos de temporada e proximidade, para proporcionar menús de calidade estimulando á súa vez a economía local.

Este proxecto, en colaboración co Inorde e a firma Slow Food, cun amplo percorrido neste ámbito, porase en marcha nos centros escolares dos concellos aos que damos cobertura.

Un paso máis na procura de fomentar hábitos saudables nos estudantes que dá continuidade a actividades de anos anteriores, como os hortos escolares que se crearon nos colexios, co coidado dos estudantes  

Imaxe da presentación do proxecto.

(19.06.2021)

O programa "Labranza" da TVG, abriu a súa edición de hoxe con Belacolmea, una liña de api-cosmética, con características antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras,.  

O proxecto que fixo posible esta iniciativa,  liderado pola Agrupación Apícola de Galicia, contou coa colaboración de Adercou, este Grupo de Desenvolvemento Rural,  afrontando os costos dos estudos de produto, levados a cabo polos  Campus de Vigo e de Ourense da Universidade de Vigo. 

Dende Adercou, desexamos a "Belacolmea"  un futuro prometedor  coa comercialización destes produtos de beleza elaborados con mel galega que, sen dúbida, contribuirán á dinamizar o sector da apicultura e a economía dos seus apicultores.


(Preme na imaxe para ver o programa Labranza da TVG)
(15.06.2021)

Concellos da comarca de Ourense, adheridos ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural, ademais de varios  emprendedores , que queren poñer en marcha as súas iniciativas de negocio, presentaron os seus proxectos para optar á financiación outorgada polos  fondos europeos do Plan Leader desta convocatoria.

Roteiros de sendeirismo, posta en valor do patrimonio, creación de aloxamentos turísticos,  creación de áreas deportivas ou de lecer...buscan o seu desenvolvemento  apoiándose no  financiamento do Plan Leader. Estas propostas recollidas, analizadas e baremadas por este GDR, recibirán a validación final de AGADER.


--Reseña publicada no diario La Voz de Galicia o 15 de xuño de 2021--


Estado actual  dalguha paraxe que pretende ser mudada co financiamento dos fondos europeos do Plan Leader
(14.06.2021)

A Xunta Directiva do noso grupo de desenvolvemento rural, reuníuse hoxe no Centro Marcos Valcárcel, xestionado pola Deputación de Ourense.

No encontro, aprobáronse os proxectos de promoción da comarca de Ourense, zona de influencia de Adercou, apostando por incentivar o consumo dos produtos chamados de "Quilómetro cero" ou produtos de proximidade.

Outra das liñas de apoio establécese no fomento do emprendemento no rural, co fin de avivar o tecido económico, así coma establecer poboación.

Adercou contará coa colaboración do Inorde, cuxa xerente, Emma González asistiu ao encontro de esta mañá,  e a CEO, dous estamentos ourensáns que apostan firmemente polo desenvolvemento da provincia.

(14.01.2021)

O diario La Región, na súa edición de hoxe, faise eco da visita  do subdirector de Agader Moisés Blanco, durante o pasado venres, 11 de xuño.

Unha visita na que Moisés Blanco destacou  o papel dinamizador dos grupos de desenvolvemento rural, coñecedores das necesidades do territorio.

Na nosa  área de influencia, a comarca de Ourense, en Adercou  estamos a valorar 27 iniciativas empresariais que optan a financiarse con fondos europeos do Plan Leader.



(11.06.2021)

Esta mañá, recibimos en Adercou, a Moisés Blanco Paradelo, subdirector de Agader. 

Un encontro no que se analizaron os proxectos presentados a esta  convocatoria do Plan Leader ademais de poñer en común as estratexias e obxectivos deste novo período.

Da sesión de traballo de hoxe,  darase traslado á Xunta Directiva de Adercou, na reunión prevista para o próximo luns, na sede desta asociación de desenvolvemento rural.

Na imaxe: Manuel Seoane (Presidente de Adercou), Moisés Blanco (Subdirector de Agader) e Beatriz Martínez (Xerente de Adercou) 
(12.05.2021)

Desde a Axencia Galega de Innovación convocan  Programa InnovaPeme 2021, que está actualmente en prazo de solicitude. Esta convocatoria publicouse no DOG o pasado 5 de maio e o seu prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño.

Estas axudas orientadas ás pemes, están destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia. Trátase dunha subvención a fondo perdido, cunha intensidade da axuda do 50 % dos gastos de desenvolvemento do plan de innovación na empresa (axudas de 40.000 a 100.000 €). 

Este programa está dirixido tanto para entidades con experiencia no ámbito da I+D, así como para aquelas que se inician na innovación.

(03.05.2021)

Hoxe, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

 
Beneficiarios
 

- As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
- As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
- As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Ex: Construcción, ampliación  e/ou renovación de nave, compra de maquinaria para negocio, creación de novos negocios...

 

Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.Ex: Restauración e/ou posta en valor do patrimonio (restauración de retablos, cruceiros, canastros...posta en valor da Vía nova, de castros...) Vivendas comunitarias...xantar sobre rodas..

 

Prazo de presentación das solicitudes
 

O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos



(04.02.2021)

Publicadas no DOG  nº23 do 4.02.2021 axudas dirixidas a actuacións de mellora paisaxística  e embelecemento de bens do Camiño de Santiago e mellora das das infraestruturas de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

- Procedemento TU501D. - Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código de procedemento TU501D).

As actuación deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido. Exclúense de esta orde os núcleos urbanos consolidados.

Prazo: 05/02/2021 - 04/03/2021



- Procedemento TU503A. - Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia 

Prazo: 05/02/2021 - 04/03/2021

(02.11.2020)

En Adercou  levamos a cabo un  proxecto contra a violencia de  xénero, para traballar nos  colexios  rurais, enmarcados dentro do convenio do Pacto de Estado  contra a violencia  de  xénero.

Nun acto que se celebrou o pasado venres, que contou coa presenza de membros da xunta directiva de Adercou  e representantes de Educación, presentouse un vídeo  titulado "O deporte non ten xénero", no que participaron compoñentes do equipo de  fútbol feminino EFF Rosalía  , onde  xogadoras e  nais  contan a  súa  experiencia dos seus inicios  neste deporte.  

Moitas grazas a tod@s  os nen@s e o equipo  Rosalía, que  contaron  cos  parabéns de tod@s os membros da mesa. 

Compartimos a proxección e murais de traballo que realizaron os alumnos baixo o título "No patio do meu cole metémoslle un gol á violencia de xénero"


         
(07.09.2020)

O pasado venres, celebramos celebramos  Xunta Directiva, onde se deron conta dos proxectos que se levarán a cabo este ano, a través do programa Leader.

Tamén sendo previsores e sensibilizados por a situación dos nenos coa volta o cole, repartíronse 3400 mascarillas entre os 17 concellos integrantes desta Asociación de Desenvolvemento Rural.

Medios

 

A Fundación Juana de Vega convoca o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen ou patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

 




(11.06.2020)
Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR) queremos poñer en valor a riqueza e os atractivos do territorio rural galego, que son moitos e diversos.

Con ese motivo, creamos a campaña "O RURAL VIVE, VIVE O RURAL" para contribuír ao seu desenvolvemento e reactivación económica, moi afectados polas medidas adoptadas polo estado de alarma trala  expansión do Covid-19 .



Campaña promocional
(12.05.2020)
A Deputación de Ourense publica hoxe a convocatoria de subvencións a pequenas empresas e autónomos dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia, afectadas pola crise do Covid-19.



(08.05.2020)
Compartimos información do portal de Turismo da Xunta de Galicia, de interese para os xestores de establecementos turísticos e para todas aquelas persoas que queiran formarse ou ampliar coñecementos neste ámbito.



(24.04.2020) 
O  Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR11-Adercou), continuamos  implantando accións que minimicen no rural os efectos da pandemia.

Un exemplo diso, foi a adquisición e  reparto de 4.000 mascarillas aos 17 concellos integrantes da  nosa asociación, para evitar, na medida do posible, a propagación do Covid19. En próximas datas, trataremos de ampliar o número de unidades deste material de protección destinado  á poboación infantil dos nosos pobos. 

Moi sensibilizado tamén co sector agrícola e gandeiro, que está  a sufrir os efectos negativos desta pandemia, coa notable redución da súa actividade económica, este GDR está a estudar diferentes liñas de comercialización dos seus produtos. Faremos unha  aposta por poñer no mercado,  xénero  de alta calidade dos nosos produtores para tratar de aliviar esta adversidade.

   
  
   
(30.03.2020)
Compartimos a publicación no BOE relativa ao Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o  COVID-19.

(09.03.2020)

Hoxe, o Gdr11 ADERCOU, asinamos un convenio de colaboración para apostar,  traballar e potenciar os produtos agrarios, de forma innovadora e de calidade. 

De aí nace este proxecto en conxunto entre nós, Universidade de Vigo, Agrupación Apícola e IXP Mel de Galicia.

Adercou aporta 17.000€ que permitirán realizar un estudio de calidade do Mel para a elaboración de produtos cosméticos así como a súa tolerancia e eficiencia.

Medios:




  
  
  
(29.02.2020)
Tal e coma anunciamos hai uns días, dende o grupo de desenvolvemento rural GDR11 ADERCOU, estase levando a cabo seminarios sobre o manexo de fincas ecolóxicas, impartido por D.Axel Torrejón Pineda, un enxeñeiro agrónomo especialista en asesoramento e formación na agricultura ecolóxica.

No día de hoxe déronse,  día do primeiro seminario dos catro que se van realizar, participaron máis de 40 persoas interesadas en formarse e apostar por unha alimentación e produción que vaia encamiñada a produtos ecolòxicos. Formación que ben seguro repercute en produtos máis sans e mellores para a saúde e o medio ambiente.

O docente, hoxe,  deu a coñecer a importancia do manexo do solo e o xeito de axudalo a  controlar certos desordes e deficiencias de nutrientes, pragas e enfermidades.

Esta iniciativa subvencionada por Adercou a través do programa LEADER continuará a finais de marzo con segundo seminario que se centrará en difundir os coñecementos precisos  para o  control de  pragas e enfermidades.
 
Deixando para finais de xuño e agosto dous días completos para traballos de campo, onde se elaborarán produtos para o control das pragas e enfermidades estudadas anteriormente,  así como a elaboración de diferentes compós a través de materias primas adecuadas segundo o tipo de cultivo.

Medios:


  
  


(18.02.2020)


Nos últimos tres anos, en ADERCOU, axudamos á creación de 78 postos de traballo estable, en empresas cuxos proxectos de creación e desenvolvemento, leváronse adiante coas axudas do programa europeo Leader, que  este GDR para a comarca de Ourense xestiona.




 (Imaxes dalgún dos proxectos apoiados)


          
Presentamos unha serie de  4 seminarios teórico- prácticos, cuxo obxectivo é achegar a formación sobre o  manexo adecuado de leiras que queiran realizar produción ecolóxica, enfocado principalmente á realización dun adecuado e eficiente proceso de reconversión a partir da agricultura convencional.

Os contidos destas xornadas formativas ensinarán aos  participantes as estratexias e ferramentas axeitadas para a transición e posterior manexo dunha leira ecolóxica en función das condicións  edafoclimáticas específicas da contorna.

Programa:
Seminario1: “Manexo de chans en leiras ecolóxicas”
Seminario 2: ” Manexo de pragas e enfermidades baixo manexo ecolóxico”
Seminario 3: ” Elaboración de insumos para leiras ecolóxicas”
Seminario 4: ” Nutrición eficiente nunha leira ecolóxica” 

As actividades desenvonveranse no Auditorio de A Peroxa, (Rúa Campo da Feira, 12, 32150 A Peroxa, Ourense). Cómo chegar

Máis información e inscricións en:
ADERCOU - (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense)
Centro Empresarial Transfronteirizo
Camiño do Pontón, 25. 
32890 Barbadás - Ourense
Tel. e Fax: 988 36 01 73 
gdr11@adercou.com


Paderne de Allariz, conta xa con vivendas sociais para a atención de persoas maiores, cuxo proxecto foi inaugurado onte, contando coa presenza de  Fabiola García, conselleira de Política Social, o director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, alcaldes dos concellos de San Cibrao, Xunqueira de Espadanedo, Esgos, Nogueira de Ramuín e membros da xunta directiva de Adercou.



Ver noticia completa

19.12.2019
Dentista, mecánico, inventor, enxeñoso... Manuel Fernández "O Lebre", un home creativo e talentoso, orixinario de As Casarizas (A Peroxa), cuxa vida e obra recóllese no libro presentado onte, "O Lebre das Casarizas. Unha vida de máquinas e inventos".

Trátase dunha obra de autoría conxunta, realizada por Delfín Caseiro Nogueiras, Xosé Carlos Sierra Rodríguez e Xosé Antón Jardón Dacal, promovida por Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) e polo concello da Peroxa e editada por Difusora das Letras, Artes e Ideas, SL.

Ao non existir ningunha documentación escrita, os autores elaboran o traballo a partir da información oral, especialmente a facilitada pola súa filla Isaura, pola súa neta Conchita e por máis dunha ducia de veciños que coñeceran e que se relacionaran co protagonista. A investigación acrecéntase con visitas aos escenarios vivenciais do Lebre.  Unha completa reportaxe fotográfica com imaxes dos inventos e das máquinas da súa creación ilustra a publicación e o legado etnográfico de tan polifacético personaxe.


Manuel Fernández Fernández, o Lebre, (As Casarizas, A Peroxa, 1906-1997) é un visionario xenial, varias décadas por diante dos duros tempos que lle toca vivir. Un campesiño ilustrado e culto, que representa un perfil social capaz de interferir con eficacia nos labores e tarefas agrícolas do territorio no que desempeña as actividades e o oficio que o significa e o identifica. Aprende de maneira autodidacta a ler, escribir e as catro regras. 

No baixo da casa, decide instalar unha forxa-taller que vai ser o seu centro de operacións durante máis de 50 anos. Alí fabrica el mesmo todos os elementos e toda a ferramenta que precisa para o taller (torno motorizado, mandril, esmeril, cilindros, parafusos, torcas, etc.), así como os seus propios apeiros de labranza e os dos veciños. Goberna reloxos, máquinas de coser, vehículos, etc. Faise cos motores e outros compoñentes de vehículos vellos para armar outro novo.
 



(29.10.2019)
Co fin de recuperar o noso patrimonio forestal, tan danado polos lumes e outras agresións, e sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do noso medio, vimos de poñer en marcha o proxecto "O noso rural, o noso futuro"

Un proxecto no que participaron escolares dos centros educativos CPI Antonio Failde, de Coles e do CEIP Roberto Blanco Torres de A Peroxa, intervindo directamente na plantación de castiñeiros, que reforestaran os soutos, aproveitando tamén para  facer unha xornada micolóxica, coa recollida de setas e fungos que foron atopando ao carón do castelo de A Peroxa. 

Acompañando aos estudantes  estiveron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a Delegada de Educación, María Luz Fernández,  e o alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, ademais doutros representantes públicos. Marisol Díaz, resaltou a importancia de 

Esta intervención, é unha máis das que estamos facendo en Adercou, grazas aos fondos asignados pola  Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao amparo do Plan Leader.



MEDIOS

(16.10.2019)
A empresa ITEGAL mantivo un encontro no Concello de Cartelle, cos alcaldes deste municipio, Gomesende, A Merca e Ramirás, para presentar o proxecto subvencionado polo Plan Leader, xestionado por Adercou, para poñer en valor as novas tecnoloxías nestes territorios rurais.

Dito proxecto trátase de coñecer as realidades de acceso a internet do estado, a peculiaridade da súa orografía, o que fai pouco atractivo o investimento en infraestruturas para os grandes operadores, pero son actuacións necesarias para poñer en valor o rural e dar servizo á poboación. Este proxecto permitirá a dispoñibilidade de servizos de banda ancha para dar ás colectividades locais unha importante gama de servizos como a administración pública electrónica, educación, desenvolvemento rural, lecer e saúde e medicina. 
Todos estes aspectos fan que a implantación de banda ancha ultrarrápida en zonas rurais sexa moi importante para que dispoñan dos mesmos servizos e comunicacións que as establecidas nas zonas urbanas.
(21.09.2019)


A aldea de Sarreaus, Couso Galán,   restaurada como complexo hostaleiro, situado na Vía da Prata, foi o escenario elixido para dar comenzo  á iniciativa "A gastronomía galega fai Camiño", que se desenvolve dentro do programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Xunta de Galicia, cuxa xestión vai da man dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR).

Este proxecto que arranca, ten coma propósitos a elaboración dunha guía gastronómica con productos locais e de tempada para difusión entre os peregrinos, dala a coñecer nos demais camiños e difundila na páxina do Xacobeo 21.

Bibiana Conde (Asociación GDR) deu inicio á xornada coa benvida a tódolos presentes, entre os que estaban o presidente do GDR10 Limia Arnoia e representantes dos outros GDR de Galicia. A xornada continuou  cunha visita ao complexo hostaleiro Couso Rural para finalmente proceder á degustación de pratos elaborados polo  chef do seu restaurante. 

 
   
(11.09.2019)
Representantes do equipo directivo e técnicos dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs), acudiron ao II Encontro Leader Galicia, celebrado onte en A Estrada.

Acto que contou coa presenza do conselleiro de Medio Rural y presidente de Agader, José González. Na súa intervención destacou a importancia dos investimentos do programa Leader  que investirá no período 2007-2020 ao redor de  175 millóns de euros en beneficio do agro galego, consolidándose así como «un dos mecanismos de maior investimento no noso rural». O conselleiro destacou tamén o traballo dos 24 GDR galegos a quen considera "primordiais para lograr a dinamización do rural galego e entes prioritarios á hora de implantar políticas de desenvolvemento".  

A xornada recolleu ademais,  un amplo programa de actividades: coloquios de intercambio de impresións entre os distintos GDR, conferencias formativas, foros sobre o potencial do  turismo como pilar do desenvolvemento rural....

Presentáronse tamén os  premios Leader aos que poden optar os promotores que lanzaron proxectos de turismo rural e que poden presentar a súa solicitude de participación nestes premios entre o 16 de setembro e o 21 de outubro deste ano en curso.


- O Conselleiro de Medio Rural, cos presidentes dos GDR e xerentes dos 24 grupos. -

         
(24.06.2019)

Os 17 concellos integrantes deste Grupo de Desenvolvemento Rural, optan aos fondos que o programa Leader porá a disposición durante esta anualidade. 
Os proxectos solicitados polos concellos, son de carácter diverso:  un microbús de transporte adaptado para o concello de A Merca; un portal de visitas panorámicas virtuais do concello de Barbadás; ou, rehabilitación de espazos de ocio, no concello de San Cibrao , entre outros.

En canto á promoción privada, foron 21 as iniciativas remitidas a AGADER para continuar coa súa tramitación.  As iniciativas presentadas, englóbanse en diferentes sectores : creación de dúas residencias de maiores nos concellos de Amoeiro e Coles; fábrica de conservas en Esgos; destilería en Pereiro de Aguiar ou novos investimentos en maquinaria industrial para unha fábrica de tratamento de madeira, entre outras iniciativas produtivas.


(21.xuño.2019)

Hoxe, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), celebrouse a ceremonia da entrega de premios que AGADER outorga ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural.

Nesta décima edición, o xurado, seleccionou  oito proxectos, cuxos promotores recibirán 10.000 euros cada un, para investir na mellora ou complemento das súas iniciativas. 

O acto da entrega de galardóns, contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Conselleiro de Medio Rural, José González, ademais dos xerentes das Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Este GDR, Adercou, estivo representado polo seu presidente, Manuel Seoane e a xerente, Beatriz Martínez.

   
Igualdad

(30.05.2019)
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) serán parte activa en campañas informativas e de sensibilización, na loita contra a violencia de xénero no ámbito rural.

As medidas que se levarán a cabo, fóron expostas pola  secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, no encontro mantido cos GDR, o pasado día 20 de maio.

Entre as actuacións previstas, ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, inclúese a execución de campañas sobre detección e prevención da violencia contra a muller no ámbito rural e accións de información sensibilización e formación sobre esta cuestión a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural.



(29.03.2019)
Na sede desta Asociación de Desenvolvemento Rural, presentouse  un innovador proxecto que permite o acceso da banda ancha de internet á poboación da Mancomunidade de Santa Águeda, formada polos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín.

Esta iniciativa, pon fin á fenda dixital que ata agora tiñan os habitantes e empresas do rural, unha desvantaxe respecto á poboación urbana, permitindo a equiparación dos servizos.

Os veciños destas áreas disporán dun paquete de servizos, que incluirá o uso de internet ilimitado , teléfono fixo, teléfono móbil e incluso televisión, a prezos moi competitivos.

Sen dúbida, unha acción que será moi ben recibida polos habitantes destas poboacións do rural.






  
O espazo de innovación dixital e fomento do emprego, La Molinera, ofreceu o pasado xoves,  unha xornada centrada nas axudas económicas de carácter público destinadas a emprendedores.

Na sesión, enmarcada no proxecto  Geoatlantic, participaron técnicos do IGAPE, da Consellería de  Traballo e deste Grupo de  Desenvolvemento Rural, quen facilitou, a un amplo público asistente, as posibilidades de  financiamiento de carácter público e asesoramento técnico, dispoñibles na actualidade, para actividades de negocio tanto no núcleos urbanos como rurais.





O próximo martes, 12 de febreiro, ás 10:30 h, na Delegación da Xunta de Galicia (Avda. Habana, 79 - Ourense), terá lugar unha Xornada informativa sobre o PLAN MAT, que contempla as axudas para a mellora de aloxamentos turísticos.


Este programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xestionado a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), impulsa o programa Reforma TUR 2019, unha iniciativa pioneira que contará cun investimento de 3M€ para facilitar a mellora e modernización de servizos de 500 establecementos hoteleiros. 
En concreto, está dirixido a hoteis, hoteis balneario e hoteis talaso cun máximo de 40 prazas, así como instalacións de turismo rural e albergues privados situados no Camiño de Santiago.


28.01.2019
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, publica no DOG nº19 de hoxe as bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de maquinaria e equipamentos novos, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.

As axudas consisten en subvencións directas de capital.

O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).

Prazo de presentación de solicitudes: 29/01/2019 - 28/02/2019

28.01.2019 
Hoxe, no Parador do Castelo de Monterrei, dentro do territorio da Asociación Monteval (GDR9), tivo lugar un encontro de todos os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, co Conselleiro de Medio Rural e outros responsables da Xunta de Galicia, para presentarlles as avaliacións dos proxectos levados a cabo nas anualidades anteriores, así como a elaboración dunha folla de ruta para as próximas datas. 

En representación de ADERCOU, acudiu o noso presidente, D. Manuel Seoane.

Antes da reunión, visitouse o  Castro da Cidá d'A Saceda en Cualedro, un dos proxectos desenvolvidos dentro do plan LEADER.


Reunión GDRs  Reunión GDRs
Reunión GDRs Reunión GDRs 
Reunión GDRs
Dez, foron os concellos de Ourense que se adheriron a un programa desenvolvido por ADERCOU, cuxo obxecto é dar visibilidade aos seus recursos patrimoniais e naturais, mediante o novo portal web adercouguiaturistica.com.

 


Ver noticia completa

A firma REBOLLO, S.L., inaugurou o pasado venres, 16 de novembro de 2018, unha vivenda  comunitaria  na localidade de Alongos, pertencente ao concello de  Toén (Ourense). Esta nova vivenda comunitaria está asentada nunha antiga reitoral, patrimonio que foi profundamente rehabilitado en prol da terceira idade. 

A iniciativa empresarial, enmarcouse dentro do programan Leader 2017/2018 e foi  xestionada por Adercou.

Á inauguración, acompañaron aos promotores da actividade,  o Conselleiro Medio Rural,  a Xefa Territorial de Presidencia, o Presidente Adercou,  Alcaldes membros da Xunta Directiva de Adercou así coma  veciños do Concello.

Ver noticia completa

Os proxectos subvencionados supoñen unha inversión na Comarca de Ourense de 1.727.756,85 € e a creación e mantenemento de 25 postos de traballo.



Ver noticia completa

Hoxe celebrouse no Centro Socio Cultural Luis Seoane, en Arca, no Concello de O Pino, o Primeiro  Encontro do Programa Leader de Galicia. 

Por parte de ADERCOU, asistiron o Presidente, Manuel Seoane e o Vicepresidente, Jaime Sousa, acompañados do equipo técnico, Beatriz e Amalia.

  
  

  
  


O vindeiro 28 de xuño terá lugar no Centro Socio Cultural Luis Seoane, en Arca, no Concello de O Pino, o 1º Encontro Leader Galicia 2018.
PODEN ASISTIR TODOS OS INTERESADOS, A ENTRADA É LIBRE.

Actividades:
Unha exposición fotográfica de Proxectos Leader.
Visionado de vídeos dos diferentes GDR e os seus territorios.
Información acerca dos GDR e dos seus territorios.
Mesas de negocio habilitadas por Agader.

Ver noticia completa

Coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que, no seo da comunidade autónoma de Galicia, contribuan de xeito singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada, convócase a novena edición dos Premios Agader ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural.

Adercou no 2017 rexistrou 62 solictudes de proxectos procedentes dos 17 concellos integrantes deste GDR11.

Tanta iniciativa empresarial demostran que o territorio esta vivo, que conta con iniciativas que apostan polo rural e que permiten crear emprego.


Dada a escasa contía coa que conta este GDR, só púidose subvencionar un total de 17 iniciativas (produtivas e non produtivas). Enlace al PDF.



O día 2 de maio de 2018 a Conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez, o Director Xeral de Agader Miguel Dubois, o Presidente de Adercou Manuel Seoane e alcaldes dos diferentes concellos vistaron algunhas das obras subvencionadas neste primeiro ano.

Enlace á noticia publicada na web da Consellería de Medio Rural.

Enlace á noticia da TVG.


Ver noticia completa

O pasado venres, 14 de abril, celebrouse no Concello de A Peroxa, o curso de "Elaboración de conservas", promovido por Adercou, co obxectivo de poñer en valor os produtos da horta e estimular a sostenibilidade do rural.

A xornada  correu a cargo dos profesores da Universidade de Vigo, F.Javier Carballo, Noemí Echegaray Suárez e Lucía Gómez Limia. 

Ver noticia completa

O pasado día 14 de marzo, na sede do GDR Terras de Compostela, tivo lugar a asamblea da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Ver noticia completa

Adercou, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, que xestiona fondos europeos no período 2014-2020, reuníuse este venres, 29 de setembro, ás 13 horas na súa sede no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) no Concello de Barbadás, o seu presidente don Manuel Seoane cos promotores que solicitaron axuda Leader e recibiron resolución de concesión para este primeiro ano.


 

Ver noticia completa

O pasado xoves, día 10 de agosto, ás 9,30 horas da mañá tivo lugar a reunión da Xunta directiva de Adercou.

Dado que a 31 de marzo finalizou o prazo para proceder a admisión de solicitudes que forman parte da primeira proposta anual de proxectos, reúnese a xunta directiva presidida por Manuel Seoane Rodríguez na súa sede situada no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) de Barbadás, para informar de todos os proxectos que a data de hoxe contan con informe favorable de Agader e que dispoñen de subvención neste ano 2017.

Ver noticia completa

D. Javier Blanco Carballal  Subdirector de Relacións cos GDR da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), estivo en Ourense visitando as sedes dos GDR da provincia.
 
O día 14 de xuño de 2017 estivo na sede do GDR11 ADERCOU coñecendo os proxectos  que se levan tramitado ata o de ágora e o funcionamento do GDR11 desde a súa posta en marcha.

LEADER 2014-2020

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou hoxe aos representantes da Asociación de Desenvolvemento Rural ADERCOU sobre os novos contratos de transporte, que garantirán a continuidade de todos os servizos actuais e os reforzarán na maioría dos casos

O NOVO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA PERMITIRÁ DUPLICAR O NÚMERO DE PARADAS DE AUTOBÚS A 145.000 VECIÑOS DE 17 CONCELLOS DA COMARCA DE OURENSE, CHEGANDO ATA AS 1.200.
  • Vázquez Mourelle salienta que este novo plan tamén beneficiará ás empresas de transporte, xa que incrementará nun 35% os quilómetros que percorrerán os autobuses, ao pasar dos 1,3 millóns anuais aos 1,8 millóns.
  • Indica que se están a aproveitar sinerxías para mellorar os servizos e coordinar os horarios de autobuses coas necesidades da xente para que o transporte sexa máis útil para a mobilidade no rural e que chegue onde antes non chegaba.
  • Subliña que a integración do transporte escolar nas liñas de uso xeral posibilitará aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares e mellorar a mobilidade dos veciños de moitos municipios, especialmente do rural.
  • Destaca que con esta integración, os rapaces terán blindada a atención ás súas necesidades e mellorado o servizo ao ter o acompañante garantido, e os maiores terán moitas máis paradas para coller o autobús.


 

Ver noticia completa

Os xornais La Región e La Voz de Galicia publicaron este martes, 16 de maio, unha entrevista ao presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, GDR11.

O pasado venres, día 13 de maio, tivo lugar a reunión da xunta directiva para valorar e dar a coñecer os resultados da xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou durante o primeiro trimestre de este ano.

Ver noticia completa

Onte, día 23 de febreiro, ás 19 horas, tivo lugar unha charla informativa nas instalacións da CEO para que os seus asociados coñezan as axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020.

Beatriz Martínez, xerente de Adercou, explicoulles as subvencións ás que poden optar e animou aos empresarios da Comarca de Ourense a aproveitar estas axudas dependentes de Agader para mellorar as súas empresas e para crear novas.

Charla Adercou-CEO

Ver noticia completa



Resolución final.
 
Acta do primeiro exercicio escrito de selección do equipo técnico.
 
Listado definitivo de admitidos e excluídos.
 
Lista provisional de admitidos e excluídos.

Boletín oficial da Provincia

Martes, 25 de outubro de 2016

 

Anuncio en prensa

La Región, martes, 25 de outubro de 2016

BOP131016

Boletín oficial da Provincia

Xoves, 13 de outubro de 2016

 
 La Región, 13 de octubre de 2016

Anuncio en prensa

La Región, xoves, 13 de outubro de 2016

 
Bases de Contratación Equipo Xestor aprobadas por Agader
 
Instrucións para o procedemento de selección do equipo xestor
 
Desenvolvemento Rural Leader 2014-2020. Estratexia I e II (46 MB)
 
Desenvolvemento Rural Leader 2014-2020. Estratexia III (124 MB)
 
Guía Práctica Programa Leader Galicia 2014-2020
 
Acordo entre a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
 
Mapa Leader Galicia 2014-2020

Modelo de convenio de colaboración en tre Agader e os GDR

  
      
      
      



Guía de Proxectos Adercou Programa Leader Galicia 2007-2013 e 2014-2015





Presentación de todos os proxectos xestionados por Adercou durante o Programa Leader Galicia 2007-2013 e 2014-2015.
Faga click na imaxe para descargar a guía en formato PDF.
Os medios de comunicación provinciais fanse eco do acto de clausura do Programa Leader Galicia 2014-2015 organizado polo GDR-10 Adercou.

La Región
16 de xullo de 2015

La Voz de Galicia
16 de xullo de 2015

 Faro de Vigo
16 de xullo de 2015
 Barrios
17 de xullo de 2015
La Región de Ourense
Faga click na imaxe para ampliar.
La Voz de Galicia
Faga click na imaxe para ampliar.
Faro de Vigo
Faga click na imaxe para ampliar.
Barrios
Faga click na imaxe para ampliar.
Festival Interritmos en Liérganes

Os días 11 e 12 de outubro celebrarase en Liérganes, Cantabria, o festival Interritmos.

Pode descargar o programa en formato PDF facendo clic na imaxe.
O vindeiro venres, 12 de setembro, de 10 a 14 horas, terá lugar na Fundación Paideia Galiza, na Praza de María Pita, 17, da Coruña, a conferencia de clausura do proxecto Interitmos, Ritmos e Pobos, Música tradicional.
A asistencia e gratuita previa inscrición, o aforo é limitado. Teléfono de información: 981 22 39 27.

Para ver o programa e ampliar información pinche aquí.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.
ORDE do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140611/AnuncioCA05-050614-0001_gl.pdf
 O Mercado da Luz é un espazo dedicado á promoción e venda de produtos dentro do recinto do Festival de la Luz, que se celebrará en Boimorto os días 13 e 14 de setembro.
Máis información aquí.

Mercado de la Luz
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
DOG Núm. 100    Martes, 27 de maio de 2014

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014 pola que se modifica a Resolución do 5 de setembro de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2013-2014.

Faga click na imaxe para descargar:
DOG 27 maio 2014
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
DOG Núm. 92 • Xoves, 15 de maio de 2014.

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

Faga click na imaxe para descargar:
leader_biomasa
Puede consultar las bases y apuntarse en el siguiente enlace:

INTERITMOS

  Para ver o convenio firmado pinche aquí.

O Presidente de Adercou, D. José Manuel Freire Couto, e o representante de Caixanova, D. Luis Aldemira Requejo, no momento da firma.
   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal