(15.12.2023)
Os Grupos de Desenvolvemento Rural contarán cunha nova achega de máis de dous millóns de euros para xestionar dentro do marco do programa Leader 2024, de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) .

A Xunta de Galicia asinou  a terceira fase do convenio de colaboración, que contempla esta dotación económica,  entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

Un investimento que  permitirá a cobertura financeira de gastos estruturais dos novos proxectos que se desenvolvan nas áreas dos  24 GDR galegos, que permitirán dinamizar o territorio e axudar a crear emprego.



(13.11.2023)

O noso Grupo de Desenvolvemento Rural (ADERCOU) e ABANCA, vimos de asinar un convenio de colaboración que pon o foco principal nos investimentos, na resposta ás necesidades do tecido produtivo comarcal e na creación de emprego e auto emprego nos diferentes sectores que a conforman.

O acordo foi asinado esta mañá en Ourense, polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, polo director de zona Ourense de ABANCA, Enrique Romero, polo director oficina ABANCA Valenzá José Ramón Fernández, e polo presidente de ADERCOU, manuel Seoane Rodríguez, e o tesoureiro de ADERCOU, Cándido Gómez Vázquez.
Os representantes das dúas entidades, aproveitaron o encontro para conversar sobre os retos actuais, aos que se enfrontan os distintos sectores da comarca de Ourrense e o panorama económico actual.

Este convenio, focalízase especiamente na reactivación económica a través do crédito, co obxectivo de impulsar novos proxectos e dar continuidde e mellorar a competitividade e sostibilidade dos actuais. Os beneficiarios terán acceso a condicións vantaxoxas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais.


A experiencia dunha ampla rede comercial

Por outro lado, o documento reflicte unha oferta específica para os proxectos agro gandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de desconto comercial ou cofirming, entre outras. Istro tradúcese en financiamento a medida e a experiencia dunha ampla rede comercial cunha grande capilaridade e con xestores e xestoras altamente especializadas nas necesidades deste sector.

Así mesmo, os empresarios e empresarias que formen parte de Adercou, poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos de ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. O banco tamén ofrece xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónca para as persoas interesadas. Ademáis, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que a entidade financeira ten subscritos cos diferentes organismos públicos.




Ver todas as noticias
   GDR 11 Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) | CET, Camiño do Pontón, 25. 32890 Barbadás | Tel. e Fax: 988 36 01 73 | gdr11@adercou.com
   Aviso legal